Ciudadanos cre que obterá máis representación en Galicia o 26X

Aposta porque o Estado asuma compentencias galegas "polo momento de crise actual". Completa a súa estrutura orgánica sen ningunha muller en postos destacados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/05/2016 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

Un deputado. Iso foi o que sacou Ciudadanos nas pasadas eleccións xerais do 20D. Sen embargo, o seu coordinador en Galicia, Manuel Pena, está convencido de que esta formación mellorará os resultados o 26 de xuño, cando se repitan, novamente, os comicios.

Manuel Pena, coordinador de Ciudadanos (C's) en Galicia, con Albert Rivera
Manuel Pena, coordinador de Ciudadanos (C's) en Galicia, con Albert Rivera | Fonte: @penagestido

Pena está convenciddo de que a falta de acordo entre os grupos políticos para formar Goberno favorecerá C's. "Creo que imos ter mais representación nos comicios do 26 de xuño, xa que Ciudadanos é un partido en crecemento e tivemos catro meses máis para seguir asentándose en Galicia", apuntou.

Nunha entrevista no programa Galicia por Diante da Radio Galega, Pena insistiu en que Galicia debe converterse nunha "potencia social e política" dentro de España, pero non descarta, que nun momento de crise como o actual, algunhas "competencias" que actualmente ten o Goberno autonómico deberían recentralizarse.

Unha proposta que serviría, dixo, para controlar o gasto, e que deberían tamén chegar a outras Comunidades con problemas similares aos de Galicia, como o País Vasco ou Cantabria.

Ciudadanos conformou xa a súa estrutura orgánica en Galicia de forma que o comité territorial autonómico está integrado polo Delegado Territorial, Juan José Chouza; o portavoz do partido, Javier Sánchez Agostino, e os coordinadores da Coruña, Manuel Moinelo; Lugo, José Luís Durán; Ourense, Ernesto Rodríguez; e Pontevedra, Manuel Pena.

Tamén se procedeu á elección da súa xunta directiva, que está integrada por Manuel Pena, como Coordinador; Javier Sánchez Agostino, portavoz e comunicación; Ernesto Rodríguez, Acción Política; José Luís Durán, Secretaría, e Manuel Moinelo, Loxística.

Un equipo que, di, está "a preparar" o programa electoral para as próximas eleccións autonómicas, o cal pivotará sobre o obxectivo de pór "a Galicia no sitio que se merece".

Sen embargo, esta formación aínda non teñen candidato para as próximas eleccións autonómicas. Será designado mediante primarias nas que poderán votar os militantes da Comunidade para poder atopar ao "Albert Rivera" de Galicia, segundo Pena.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 jalejodepurasepa

jalisia terra de bacas

1 teutonio

Meréceno por traballadores e por ter propostas a mancheas pra Galicia

1 nostrus

Pois si, ademais a sua preocupacion é o benestar das personas, moi porriba das bandeiras, linguas, relixions e culturas. Non renegan da españolidade a galeguidade ou calquer outro localismo identitario ou cultural, apoyan a realidade e a diversidade, a pluralidade de ideas e a liberdade,. ¿Quen da mais?. Frente a eles estan os que pretenden que teñamos unha lingua e unha cultura determinada para ser admitidos na tribu e quen sabe si mais aló nos esixiran unhos comprtamientos sexuales e de dieta determinados

2 teutonio

Pois que comecen por traballar, 0 propostas e intervencións do deputado electo pola Coruña durante estes meses no Parlamento... aínda que tendo en conta as propostas anunciadas pola de la Torre na campaña electoral, pois pro caso que nin o intenten. http://praza.gal/politica/11658/os-...