As eleccións galegas serán en outono e non canda as xerais

Feijóo presume de facerlle un favor á oposición ante a súas "liortas internas". PSOE, ANOVA e BNG reaccionan ao anuncio oficial desta mañá.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/05/2016 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Seguro ao 100%: non haberá adianto electoral. O presidente da Xunta esperou case a último día factible para desbotar uns comicios ao mesmo tempo que as eleccións xerais, que se repetirán en xuño. 

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións

Alberto Nuñez Feijóo dixo que toma a decisión de mantelas para Outono a pesar de saber que crer que fai un favor á oposición. “Vou a seguir porque creo en Galicia e porque non me parece aceptable aproveitarme dunha situación dunha posición fragmentada en Galicia, que nunca se deu antes con liortas internas”. Das forzas parlamentarias, únicamente o BNG ten candidato designado. O PSOE fará primarias a finais de maio e as mareas andan debatendo aínda que fórmula adoptarán no caso de repetir a coalición.

O mandatario asegurou que o coherente é seguir garantindo a estabilidade e “facer as eleccións cando aos galegos nos mandan”. O tamén presidente do PP presumiu de unidade e de facer o que máis lle interesa de Galicia.

O político dos Peares fixo este anuncio esta mañá durante a inaguración do Bosque de Galicia na Cidade da Cultura. Aló estaba Martiño Noriega, alcalde de Santiago, quen foi polo tanto un dos primeiros en valorar o dito. Na opinión do dirixente de ANOVA, unha das forzas de En Marea, enfrontámonos a  “unhas eleccións nas que creo só hai dúas posibilidades, a de Feijóo ou un goberno liderado pola unidade popular, por En Marea”.

Dende o PSOE xa se dixo que agora estamos diante de “meses de propaganda electoral”. Son palabras de José Luís Méndez Romeu, voceiro parlamentario quen insistiu que Feijóo hai meses que xa non está a gobernar. 

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

Ana Pontón cre que Feijóo quere distanciarse da “sombra” de Mariano Rajoy e por iso non convoca canda o Estado . Na súa opinión, Galicia necesitaría unhas eleccións xa, sen esperar a Outono. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 fartodecaciques

as eleccions en galicia son un timo estan amañadas antes de empezar posto que om 90 por certo dos funcionarios enchufounos nom pp co calentre eso e os "favores" dos alcaldes esta todo dito xa veredes como gañan outra vez e asi sera sempre e o caciquismo de sempre pero ademais chupando dos impostos