Manifestación o 17M porque "o idioma é a vida"

Queremos Galego convoca este ano unha única manifestación en Santiago empregando como lema un verso de Manuel María. A Mesa di que o PP non cumpriu o seu compromiso de promover a lingua do país.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/05/2016 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio.O lema escollido para esta convocatoria é “O idioma é a vida” recollendo un verso do coñecido poema “A fala” de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas este ano.

Rolda de prensa de presentación da manifestación de 2016 de Queremos Galego
Rolda de prensa de presentación da manifestación de 2016 de Queremos Galego

Os organizadores esperar xuntar “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”.

O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pla Normalización Lingüísitica, Marcos Maceira, lembrou a participación habitual de Manuel María en todas as accións e actividades de defensa e promoción da lingua do país e o seu compromiso con moitas causas xustas, nomeadamente a da lingua galega.  Por isto “a voz e a palabra de Manuel María estará presente no acto final da manifestación que se celebrará na Praza da Quintana onde tamén contaremos coa actuación de Mini e Mero ou de Fran Amil e A Tribo Incompresíbel". Amil acaba de publicaru n CD con temas musicados do poeta lugués, editado opla Mesa pola Normalización. 

“O acto final será unha mostra masiva da alegría e do orgullo que temos como pobo  por contarmos con lingua propia, que está viva grazas ao traballo e o compromiso, practicamente en solitario, da propia sociedade, malia a actitude tantas veces hostil dos gobernos da Xunta e do Estado e mesmo dos tribunais, como evidenciou recentemente o TSXG. Festexaremos, ademais, 100 anos de defensa continuada da normalidade para o galego”, sinalou Maceira, en referencia ao centenario da creación das Irmandades da Fala.

Maceira lembrou que en xullo do ano pasado o Partido Popular asinou a declaración de unidade a prol da lingua galego, asumindo un compromiso, xunto a outras moitas organizacións políticas, de combater prexuízos e aplicar todos os acordos arredor da lingua, “sen que aínda hoxe visemos nin unha soa acción favorábel ao dereito a vivirmos en galego”. Por iso considerou que “a lingua galega ten que regresar ao debate político para, entre todos, falarmos de como recuperar os espazos onde debe estar, non para o contrario”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

9 nostrus

"o idioma é a vida", esa é outra chorrada mais, porque enton non habería vida en Murcia. O galego é unha lingua de Galicia para que a xente que queira a use, pero o resto son tonterias. Incluso poderiamos vivir perfectamente sin o galego, pero só co galego a vida sería mais dificil

1 teutonio

Vaia, logo daslle a razón aos da Mesa ao reclamar poder facer unha vida en galego sen ningún tipo de problema, como os falantes de castelán poden facer calquera actividade, obter calquera produto ou servizo na súa lingua. Afirmamos que a vida en galego sería máis difícil e pola contra negamos a necesidade de políticas lingüísticas pra lograr que isto non suceda. Que cousas...

8 Iria

Se puede saber cual es el montante de las subvenciones que recibe A Mesa de las administraciones y chiringuitos públicos dominados por el BNJA?

7 Fartodalingua

Precisamente por eso, por la salud y la vida, yo no hablo el idioma regional. Sé de buena tinta que algunos tienen la mente enferma y la boca podrida por hablar ese idioma a todas horas.

1 Bobera

jajaja eres idio-ta perdido amigo

6 xacobe

Mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbeciles e escuros non nos entenden, non.

1 Bufffff

Inteligente comentario del inteligentísimo Pondal, que está donde está hoy por hoy, en parte pq no interesa su religión, en parte por esa inteligencia clara, despierta, sutil, matizada y demás del mismo tenor.

2 Bafffff

Bufffff, un conselliño: a roelas. Eu estou encantado de que se realicen actividades promocionais do aniversario da morte de Cervantes, posto que a cultura enriquece sempre. E a lingua castelá enriquécenos tamén. O 17 de Maio é a nosa festa da cultura escrita en galego. En lugar de ser un amargado e rancio supremacista, podíaste sumar a celebrala con tod@s as que a celebramos, que iso non é para nada incompatible con ser castelanfalante ou españolista. Cultura, que ten pinta de ser o que che falta.

5 nostrus

Para a comunidade naciota galega o 17 de mayo é un dos maximos dias de recollemento espiritual; para a comunidade católica pode que sexa o Venres Santo. Para o resto dos mortais o 17 de maio é un dia que se celebran as letras galegas e o Venres Santo un dia que non se traballa. Existen outros festivos mais como o 12 de octubre, o dia da Constitucion ctr e cada un celebra o que lle peta.

1 ixtlan

Lingoa proletaria do meu pobo eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa nan saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe (Celso Emilio Ferreiro)

2 Pugnaz

Ya apareció el proletariado... y con él un arma más para la lucha de clases, ahora amparada en el idioma. Es, por supuesto, una falacia. El proletariado gallego no mejorará ni empeorará material o espiritualmente por usar una u otra lengua. Agradezco a ixtlan que aclare la pertenencia del texto a Celso Emilio Ferreiro. Es algo parecido a cuando en un subtítulo se lee Marbella y a continuación aclara (Málaga), por si alguien pensaba que está Cáceres ¿Y el poema de CEF en el que se mofa de un juez por su orientación sexual? ¿Ese cuándo toca?

3 ixtlan

Tamén se pode dicir con música: https://www.youtube.com/watch?v=0Gj...