Izquierda Unida tamén pregunta aos seus militantes galegos polo pacto con Podemos

“Aprobas unha coalición electoral con Podemos e outras forzas de cara ás eleccións do 26 de xuño?”, é a pregunta que se lle trasladará aos simpatizantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Izquierda Unida comezou este luns o proceso de consulta posto en marcha por Izquierda Unida Federal para que súa militancia e simpatizantes en Galicia dean a súa opinión sobre a procura dunha confluencia con outras forzas políticas, principalmente, Podemos. O proceso estará aberto ata o vindeiro mércores 4 de maio.

Nun comunicado, Esquerda Unida suliña que o obxectivo da súa dirección federal na negociación aberta con Podemos é concretar unha coalición que recoñeza que son “forzas políticas distintas” e que “garanta a visibilidade de cada forza política na campaña e no posterior espazo institucional e político que sexa resultado do proceso electoral”.

Militantes de Esquerda Unida nunha protesta en Santiago
Militantes de Esquerda Unida nunha protesta en Santiago | Fonte: W.B,

Tamén se pide que “se respecte a propia identidade de cada forza política, que ten os seus propios programas e os seus propios liderados”. Sobre a propia consulta, IU fixo chegar ás súas bases a pregunta que deberán votar: “Aprobas unha coalición electoral con Podemos e outras forzas de cara ás eleccións do 26 de xuño?”.

Nos dous primeiros días previstos para a consulta poderase votar “Si”, “Non” ou “Abstención” vía Internet, a través da web de Izquierda Unida, mentres que o último día, o mércores 4 de maio, se reserva para o voto presencial nos lugares que habiliten para iso as distintas federacións que compoñen a organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Antipederasta galego

E komo vai o tema da pederastia?

3 Isidro

E polas listas abertas para elixir os candidatos para o Congreso e Senado non lles vai preguntar? Se cadra non queren a Yoli Procesiones

1 caxigo

Yoli deixala encubrindo pedófilos, mentres os militantes do PCE que denuncian son expulsados... IU ten xente moi grande nos seus cadros de mando ao longo do estado, non é o caso de Galiza... e non o digo por o caso da pornografía infantil, senón pola personalidade estrambótica de certos líderes de EU e na práctica, pola sua nula capacidade de xestión...

2 Isidro

E polas listas abertas para elixir os candidatos para o Congreso e Senado non lles vai preguntar? Se cadra non queren a Yoli Procesiones

1 Pregutna

Por que lle poñen un puntiño ao E os de EIZquierda Unida