Noriega enmenda a Yolanda Díaz: “O propio proceso designará os candidatos”

O alcalde de Santiago insiste en que o proceso nas mareas é “colectivo” e que non lle toca a el, nin a outros dirixentes, poñer candidatos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela e coportavoz de Anova, Martiño Noriega, saíu este luns ao paso das declaracións da lider de EU en Galicia, Yolanda Díaz, que se autodescartou como candidata á Presidencia da Xunta e tamén descartou ao líder de Anova, Xosé Manuel Beiras. “É o propio proceso o que debe de designar ao candidato de unidade popular”, suliñou.

Noriega e Beiras na conferencia política de ANOVA
Noriega e Beiras na conferencia política de ANOVA

"Non vou entrar no xogo de designar quen pode ou quen non pode participar porque entendo que ten que ser o propio proceso o que designe ao mellor candidato", destacou ao ser preguntado pola opinión de Díaz. "Paréceme que é unha opinión de Yolanda Díaz que eu respecto, aínda que penso que o proceso é o que ten que determinar quen van ser os candidatos”, insistiu.

Estamos a falar dun proceso colectivo e, por tanto, aínda que soe moi metafórico, non me toca a min designar ou non quen pode ou quen non pode formar parte", indicou. "A todos tócanos desde a diversidade expor as nosas opcións políticas para unhas eleccións nas que eu creo que tan só hai dúas posibilidades, a continuidade do PP e do señor Feijóo como presidente ou un goberno liderado por unha candidatura de unidade popular, por unha marea", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Couto

A Yolanda Díaz con ter asegurado o posto para o Congreso, e codearse con Garzón e Pablo Iglesias en Madrid ( a ilusión, a calquera prezo, de toda a sua vida), o resto lle importa pouco e o único que fai e embarrar o terreo de xogo. En Ferrol coñécena moi ben e por iso ven moi pouco e case sempre ás agochadas

5 Próculo

Primarias e partido instrumental, así se acabarían as coñas.

4 mirandés

Pois xa de paso: algún experto en Facebook sabe como se crea un grupo público de apoio a un candidato? Tamén me serve un blog cun manifesto de apoio; é para un proceso de primarias en condicións de igualdade. Coñas aparte, as casas de apostas britanicas arruinaronse coa eleccion de Ana Ponton, ninguen agardaba ese resultado!

3 Contra quen empatastes

Aqui todo deus opina pero o candidato o decidirán os de Podemos parade xa de repartir postos

2 comunista independentista

Trolls do Bloque a desafogar frustracións en 3, 2, 1,...

1 Leiro

Xa estades aí primeiro «los podemos». Pero da igual o que digan Noriega e Yolanda, o candidato pactarano o coletas e o Beiras e o resto apandará có que toque.

2 Geira

¿En la F que tal, organizando la revolusión?