Temas: BNG ELECCIóNS

Carme Adán renuncia a ser a nº1 do BNG en Pontevedra

O Bloque terá que reordenar polo menos unha das súas listas para a repetición das eleccións xerais. A deputada Carme Adán confimou este mércores que non quere encabezar a candidatura do BNG por Pontevedra. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/05/2016 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A política alega motivos de "coherencia" para explicar a súa decisión. Adán foi unha das ponentes das propostas críticas que fracasaron na última asemblea da fronte. Ela e outros persoeiros apostaban por explorar a converxencia coas mareas, algo que a UPG e o MGS (os dous partidos máis numerosos no Bloque) rexeitaron.

Carme Adán nunha intervención na Cámara
Carme Adán nunha intervención na Cámara | Fonte: BNG

O BNG non se presentou coas súas siglas o 20D. Fíxoo como parte da coalición Nós, pero todos os cabeza de lista eran militantes do Bloque. Está por ver se o resto de números 1 quere repetir o 26J e se o Bloque está interesado en repetir coalición con outras forzas galegas moi pequenas: Terra Galega, FOGA, etc.

Ana Pontón, voceira do Bloque, mostrouse polo de agora a prol de deixar aberta a porta a que os números 1 repitan. A líder nacionalista tamén se mostrou a prol dos pactos, pero sempre matendo a marca do BNG na papeleta. 

Velaquí o vídeo de Adán durante o seu anuncio en rolda de prensa no Parlamento de Santiago

Temas: BNG ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 ArturodeBretoña

O que non quererá é levar a "bicicleta" entre as dúas sucesivas eleccións: 0-0

7 nostrus

Habitan na nosa Galicia / unhos señores trasnoitados / e cargados con tanta malicia / como para estar avergoñados / Inda que o pobo os despeita / nunca se dan por enterados / teño eu a gran sospeita / de que son tontos ou tarados / No bloque enchen o bandullo / e ao resto nos chaman fascistas / inda que moitos por ter orgullo / nunca seremos nacionalistas / Non quero ser nacionalista / nin para non ser excumulgado / pois non quero ser fascista / siempre o teño explicado

6 independete

E Seguimos con periodismo de primeira, menudo artículo máis interesante, por certo a noticia é incorrecta ademáis de ter pouco interés, non foi a UPG e MGS quenes rexeitaron a converxencia se nom os votos dos militantes en asemblea que non están adscritos a un nin o outro, a opinión da maioría da asamblea que son militantes independentes era clara non se pode entrar onde non te queren e o tempo está dando a razón, se o bloque nom está na marea e porque a Marea nom é democrática, senon ditatorial, Pablo ordena e os seus palmeiros galegos obedecen.

1 Comunista

Deixade de enganar. Os "independentes" do BnG son coma os dereitos laborais de Inditex: NON EXISTEN. No BnG só quedades os coroneis seudocomunistas da U e os seus canciños obedientes do MGS, unha caste de burócratas liberados e corruptos que tan só queredes manter os vosos postiños vitalicios servindo con fidelidade as ordes da banca española coa que estades empufados até as cellas. Sipaios 2.0 ao sevizo de EspaÑa, sen dignidade nin escrúpulos.

2 comunista independentista

"Periodismo de primeira" xa o tedes co Sermóns Paliza.

3 independete

COMUNISTA pon a pinza no naríz e vai votar os encubridores de pederastía, volvoche repetir que o 80% dos militantes nom pertencen nin a UPG nin a MGS por moita mentira que digas, está claro que o Sermos é un períodico dende unha óptica nacionalista galega cousa que nom agocha en ningún momento. En que quedamos estamos empufados ou estamos por cartos aquí as duas cousas nom, os que deixaron o pufo xa marcharon para outros lares a buscar postiño.

5 nostrus

No es verdad angel de amor / que en esta Galicia que amamos / si al bloque no le votamos / a todos nos ira mejor / Hay algo que se agradece / y daria mucho frescor / si el bloque desaparece / y con el todo su hedor /.El bloque es un partido egoista / y que a nadie nos conviene / y de todo lo que mas tiene / es su caracter fascista / Estos desertores del arado / que siempre nos dan la paliza / con que Galicia se llama Galiza / y que hay que escribir reintegrado

1 nostrus

pepeiro rateiro. amosas o teu excaso intelecto ao ter que plaxiar o meu poema que ten moito de certo, poderias ser un pouco mais orixinal sin ter que a mona repetir o que fai a persona.

4 Dinoseto

Que poñan ao Dinoseto primeiro de lista e sacará mais votos que calquera que presente esta mafia.