Temas: LUGO PP

O PP quere botar aos gorrillas do HULA porque “extorsionan”

Critica á Lara Méndez por “ampliar a superficie de extorsión” destas persoas e pide que se dote de armas legais á Policía Local para que poida facerlles fronte.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 04/05/2016 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo quere botar aos “gorrillas” do  Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Por iso, o seu viceportavoz, Antonio Ameijide,  "urxe" á aprobación dunha ordenanza municipal que poña "coto" á "extorsión" dos "aparcacoches ilegais".

Hospital 'Lucus Augusti' de Lugo
Hospital 'Lucus Augusti' de Lugo | Fonte: wikimedia.org

Para o portavoz popular é necesario que o Concello de Lugo actúe con contundencia e dote de armas legais á Policía Local para que poida facer fronte á actividade dos gorrillas.

"Igual que Orozco consagrou esta práctica ao eliminar a prohibición de exercer esta actividade na nova ordenanza de circulación, tamén a nova alcaldesa pretende blindala ampliando a superficie de extorsión", afirmou Ameijide.

De feito, o edil popular criticou que non se dese nin un só paso" por parte do goberno local, desde que o pleno municipal aprobou hai dous anos e medio, a proposta do PP, "accións para erradicar a práctica dos gorrillas".

O Concello de Lugo comezou este luns os traballos para reordenar o tráfico nas inmediacións do centro hospitalario, de modo que nos viarios que rodean o HULA os usuarios poderán dispor dunhas 500 prazas de aparcadoiro gratuítas, unhas 150 máis das que había até agora.

Temas: LUGO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario