Temas: MAREAS

As mareas municipais votarán o seu candidato o 26 de xuño

O colectivo de candidaturas locais Mareas en Común chama a artellar unha confluencia canda a Abrente – Esquerda Democrática Galega, Anova – Irmandade Nacionalista, Anticapitalistas Galiza, Cerna, Encontro Cidadán por unha Marea Galega, En Marea, Equo Galicia, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Foro Galego, Fronte Popular Galega e Podemos. Este sábado, reunión clave en Bertamiráns.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 05/05/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O proceso das mareas municipalistas avanza sen agardar que os partidos da confluencia cheguen a pactos entre si. O grupo Mareas en Común reunirase de novo este sábado cunha data marcada no calendario: realizar eleccións primarias para candidatos á Xunta o 26 de xuño.

Foto de familia da reunión de Mareas en Común en Sada
Foto de familia da reunión de Mareas en Común en Sada | Fonte: @mareasencomun

No proceso de confluencia municipalista -bautizado como Marea Viva- participan arestora 28 mareas locais e máis de 800 persoas. Na reunión en Bertamiráns este sábado teñen previsto marchar a casa cun censo, folla de ruta, regulamento, principios éticos e todo o necesario para o proceso electoral.

De cumprir o aprobado na pasada reunión de Sada, os inscritos poderán votar definitivamente as propostas programáticas que se están a debatir xa durante este mes de maio. As candidaturas poderanse presentaranse a partir 5 de xuño . A campaña durará dez días a partir do 17 de xuño. Os candidatos provinciais e o candidato á Xunta debería ser proclamado despois das primarias do 26.

Poderanse presentar os líderes das diferentes forzas e iniciativas interesadas na confluencia (ANOVA, Podemos Galicia, Esquerda Unida, Equo+Espazo, Foro Galego, etc.) ás primarias? Nada o impide en principio, pero as mareas municipalistas teñen establecido que en todo caso a participación nelas é de “adscrición individual”. É dicir, quen se presente terá que facelo co seu nome, e non apoiado cunhas siglas partidarias detrás.

As mareas municipalistas invitaron publicamente a participar na reunión de Ames as seguintes forzas políticas: Abrente – Esquerda Democrática Galega, Anova – Irmandade Nacionalista, Anticapitalistas Galiza,  Cerna, Encontro Cidadán por unha Marea Galega,  En Marea, Equo Galicia, Espazo Ecosocialista,  Esquerda Unida, Foro Galego, Fronte Popular Galega

Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: @NosPobra

e Podemos.

Ademais da coñecida ausencia do BNG (quen xa deixou claro que non está interesado nas mareas), destaca a diversidade dos convidados. Están os partidos tradicionais que impulsaron a confluencia para as xerais (ANOVA, Podemos e Esquerda Unida), pero tamén participarán  propia confluencia nas Cortes a disolver (En Marea), partidos que están en proceso de fusión (Espazo e Equo), correntes internas que estaban noutros partidos até hai nada (caso de Abrente) e mesmo colectivos que non existen como partido senón que son simples iniciativas de debate (caso de Foro Galego, que reúne a mandatarios municipais que eran do BNG). 

No caso de que todos os citados colectivos acepten que a Marea Viva das Mareas en Común é o foro no que queren artellar unha confluencia, deberán chegar a acordos antes do 5 de xuño. Do contrario, veranse abocados a enfrontarse nas primarias do 26 ou renunciar a participar canda os municipalistas, quen mesmo barallan inscribir esta iniciativa como partido político propio.

Deputados de Podemos e EU na reunión de Mareas en Común en Sada
Deputados de Podemos e EU na reunión de Mareas en Común en Sada | Fonte: @mareasencomun
Reunión das mareas municipalistas na Pobra
Reunión das mareas municipalistas na Pobra | Fonte: @NosPobra
Reunión de Mareas en Común en Sada
Reunión de Mareas en Común en Sada
Temas: MAREAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

15 Chindasvinto

Creo que deberados revisar esa información

14 abelardo del caño

Sopa de letras? Sopa de Ganso? Sorpaso? Lástima de Bois!

13 xacobe

Están tolos estes romanos!

12 Paco Silvosa.

Ajá. Como cando eramos nenos. Todos o vincho. ......sobre todo cando o vincho era dos outros.

11 Suresne 2.0

O novo Suresnes Podemita estase a completar.