Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/05/2016 | Actualizada ás 13:03
O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego baixou en Galicia en abril en 3.644 persoas respecto ao mes anterior. Unhas cifras que supoñen unha baixada do 1,57%, menos que o 2,04% de media que baixou o paro no conxunto do Estado.
Deste xeito, os parados situáronse en abril en 228.153 parados, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A baixada é de 16.680 desempregados menos, un -6,79%, en relación a abril do pasado ano.
Tradicionalmente abril é un mes no que o paro baixa. O paro rexistrado diminuíu en todas as comunidades autónomas, especialmente en Andalucía (15.522 parados menos), Cataluña (13.868 menos) e Castela-A Mancha (10.705).
Por sectores económicos, o paro rexistrado baixou especialmente en servizos, na construcción, no sector agrícola e industrial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.