Jorquera critica aos partidos de En Marea por xuntarse só "para sacar réditos electorais"

Anuncia que non estará nas listas do BNG para as autonómicas para "dar a substitución" e di sentirse, ás veces, máis valorado fora do Bloque que no Bloque.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/05/2016 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, denunciou este mércores a aquelas formacións, en alusión aos partidos integrados en En Marea, que se xuntan "pensando unicamente en réditos electorais".

Francisco Jorquera (BNG)
Francisco Jorquera (BNG)

Por iso, suliñou que que o BNG non se suma ás mareas porque sería unha "aposta errónea" en canto á defensa dos intereses de Galicia. "Se en política só impera o pragmatismo electoral, "logo pasa o que pasa e Galicia, como no momento actual, queda desaparecida do debate do Estado", dixo.

Nunha entrevista na Radio Galega, criticou que En Marea "non optou por criterios independentes" para xogar un perfil propio no Congreso, e que en cambio si o fixeron os seus homólogos valencianos. "A decisión de En Marea fixo que os votos dos galegos quedasen sumidos nos ditados de Pablo Iglesias e Podemos, que non é o que necesita Galicia nin o que defende o BNG", engadiu.

Ademais, Jorquera destacou que o mapa que deixaron as xerais de decembro "facía posible un cambio" de políticas que permitía desbancar ao PP, pero a "actitude" de Podemos e PSOE "de pensar máis en intereses partidistas que no interese xeral" imposibilitouno.

Unha actitude, a de ambas as organizacións, que tachou de "irresponsable" e, fronte a iso, lembrou como "en cambio o BNG actuou sempre con xenerosidade", antepondo os intereses do país antes que os seus propios.

Por outra banda, Jorquera, que estivo no Congreso, no Senado e no Parlamento galego, anunciou que acompañará a Ana Pontón na lista que presente para as vindeiras autonómicas. "Non quero ser deputado na próxima lexislatura", dixo, ao considerar que é hora de "dar a substitución".

Ademais, dixo marchar da política con certa sensación de tristeza. "Ás veces, escoito máis expresións de recoñecemento de forzas que están nas antípodas do BNG que no propio BNG”, suliñou e recoñeceu que isto é, en parte, pola falta de “autoestima” das forzas nacionalistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 Antón de Guizán

Que mamandurria che van buscar Jorquera, agora que non vas ser Deputado? Ti non sabes máis que vivir da política

7 umm

O BNGjaja non é que esté a ponto de morrer é que xa fede...!

6 Manuel Luis.

Levo un par de anos mirando de cando en vez este diario e a única conclusión en firme que saquei é que o inimigo é o BNG... !! . Xa sei a quen teño que votar. Grazas...!!

1 Inácio

Home, non te poñas así. Eu non voto BNG pero non os considero inimigos. Inimiga si que pode ser a coaligazón BNG-PSOE, que é a que goberna parte deste país. Caballero é un tipo perigoso e o BNG vai de ganchete con el.

2 balbino

Claro é a gran alternativa é PP-Ciudadanos ou Pablo Iglesias e o seu escudeiro Pedro, ser tar crítico con BNG está a converterlo nun partido mellor, para cando ides ser tan críticos cos demáis por que mira que hai para criticar comenzando por casos de pederastia e uso da lei mordaza por parte de Podemos cando lle conven.

5 Antonimus

O que vai quedar desaparecido é o BNG por culpa dos erros destes "guías". A constitución de "En Marea" como partido abre perspectivas e consecuencias cara todas as organizacións. Respecto ao BNG vaiselle facer difícil agora argumentar o non pactar. "En Marea" formalmente deixa de ser unha coalición de partidos estatais e nacionais e pasa a ser unha organización nacional. Formalmente o pacto xa non sería con cada unha das partes, senón cunha organización galega. Ese líña era a que a dirixencia con "contrato indefinido" do BNG decía que non podía traspasar; agora xa non é necesario sobrepasar esa liña. A militancia decidiu na Asemblea (e non por moita maioría) non pactar cos estatais, pero coa constitución dunha organización galega xa non vai existir esa excusa...¿entón van a amosar que é o puro control o que impide os acordos?...o BNG fronte as súas contradicións.

1 Antonimus

Non é o único que se vai reflectir. Despois de tanto falar de "grupo parlamentar galego"...¿que vai facer agora Podemos e IU?, xa non van poder botarlle a culpa á Mesa do Parlamento, agora vanse retratar de verdade. E para que haxa para todos...¿que vai pasar con "A Nova" se...?, ..se Podemos e IU non aceptan o partido instrumental, ¿pode recuar?, ¿como o vai facer unha vez que ten constituido a ferramenta para poder ter grupo galego?, ¿como se vería a renuncia a isto?, estaríamos ante a desaparición da súa propia razón de ser. "A Nova" xa non ten volta atrás...agás que opte por borrar o seu ADN e ser unha marca sen contido.

2 Anxo Castro

Coa terceira parte dos afiliados do BNG en En Marea xa copaba todas as listas ..hahahah Como van deixar que entre????

3 Antonimus

Certo, pero nas derradeiras eleccións nas Mareas non houbo primarias, co cal para pactar non se necesitaría acordar esa forma de facer candidaturas (ademais, outra cousa é o "corpo electoral" de querer facer primarias, non tería, nin sequera, por que ser só os afiliados, podería ser "aberto", aberto "en plancha", pechado, etc)

4 Leirachá

Vai mantido! Todo o que fixo na vida, toda a súa traxectoria laboral, foi ser fontaneiro do aparato. E agora toma o relevo Ana Pontón. Para presumir de modelo! Noxo de políticos profisionais! Canto aturamos!