Choca contra o muro superando en máis de 6 veces a taxa de alcol permitida

Aconteceu en Tomiño.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/04/2025 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Policía Local de Tomiño investiga a unha condutora que chocou contra un muro mentres circulaba superando en máis de seis veces a taxa de alcol permitida. Os feitos ocorreron pasadas as 20.30 horas deste martes no barrio de Escampados da parroquia de Sobrada. Alí, un vehículo da marca Skoda impactou contra un muro.

Unha vez no punto, os axentes observaron que a muller tiña signos evidentes de inxerir alcol. Ao realizarse a proba pertinente, a primeira delas arroxou un resultado positivo de 1,01 miligramos por litro de aire expirado, mentres que a segunda foi de 1,64 mg/l. Tratábase dunha muller de 48 anos de idade veciña de Tui, que foi trasladada ao PAC da súa localidade.

"En canto ao resultado da proba de alcoholemia realizada polos axentes, dita condutora podería enfrontarse a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos, ademais de ter que facerse cargo dos danos ocasionados", lembrou a Policía Local nun comunicado.

Imaxe do vehículo accidentado
Imaxe do vehículo accidentado | Fonte: POLICÍA LOCAL DE TOMIÑO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta