Licenciada en Dereito ex-deputada do PP “enchufada” en posto de enxeñeira na Xunta

O PSOE enarbora no Parlamento unha carta do Colexio de Enxeñeiros que denuncia como a praza de enxeñeiro en Portos de Galicia acabou outorgada a unha licenciada en Dereito ex-deputada do Partido Popular.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/05/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A  deputada  do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou a Portos de Galicia de perpetrar un caso de enchufismo. A socialista lembroulle onte á Xunta no Parlamento que o Goberno “ten recibido unha denuncia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños logo de darlle a praza de xefa de área de Portos Deportivos sen convocatoria pública”.

Noela Blanco
Noela Blanco

Segundo os datos difundidos polo PSOE en base a carta do Colexio, a ‘enchufada’ sería unha licenciada en Dereito que foi tenente de alcalde e deputada co PP. Os socialistas non facilitaron o nome da presunta enchufada.

A versión do PSdeG relata que a gañadora da praza conseguiu o seu posto nun concurso que “por primeira vez non tivo convocatoria pública e en competencia con catro enxeñeiros, cando precisamente ata este ano a convocatoria sempre incluíu como requisito a titulación técnica de enxeñería de Camiños, Canles e Portos”.

Por outra banda, Blanco reclamou á Administración que asuma as responsabilidades políticas pertinentes logo das sentenzas xudiciais que constatan as irregularidades nas oposicións ao corpo superior celebradas en 2010. Blanco presentou unha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento na que cuestionou os procesos selectivos do goberno galego.

O Tribunal Supremo constatou recentemente nunha sentencia  falla de control, obxectividade e indefensión das persoas que denunciaron os resultados daquelas oposicións pola arbitrariedade na resolución dos seus recursos administrativos previos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 galegoexiliado

Como decía don manuel, son xeneticamente superiores e valen pa calquer enchufe. Si queredes traballar xa sabedes a quén votar.

3 abelardo x del caño

De qué vos queixades, os tratan como votades!

2 xepe

Totalmente crible, hai máis casos.

1 que preguiza¡¡¡¡

enchufes na administración púbica?, favoritismo no emprego público? noooooooonnn ¡¡¡¡que va¡¡¡¡ si para evitar todo eso están os sindicatos que velan pola integridade dos procesos de selección e un día si e outro tamén denuncian este tipo de situacións¡¡¡¡¡¡