A que idade teñen o primeiro coito os adolescentes galegos?

Un estudo feito en catro centros de ensino d'O Carballiño rebaixa a idade da primeira relación sexual con penetración aos 14,5 anos. Tamén salienta o descoñecemento sobre as principais infeccións de transmisión sexual.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/05/2016 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Os últimos estudos sobre as primeiras relacións sexuais dos galegos indican que a idade media no primeiro coito baixou dos 19 anos hai unha década, aos 15 agora. Porén, en concellos como O Carballiño a idade na que se ten o primeiro coito baixa xa aos 14,5 anos. Así o reflicte un estudo levado a cabo en catro centros educativos desta localidade ourensá. Se ben os datos describen unha realidade local, poderían indicar que a idade na que os adolescentes galegos teñen a primeira relación sexual completa segue descendendo.

A idade de inicio de relacións sexuais con penetración é cada vez máis precoz
A idade de inicio de relacións sexuais con penetración é cada vez máis precoz | Fonte: Ricardo Francone, axencia Sinc.

O estudo foi feito por Lorena Corral Cao, matrona no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e Beatriz Mármol Álvarez e Beatriz Vázquez Otero, enfermeiras neste mesmo centro. O seu obxectivo foi describir os coñecementos e condutas dos adolescentes que cursan 4º de Educación Secundaria Obrigatoria nun municipio galego en relación á saúde sexual, anticoncepción e infeccións de transmisión sexual, así como sobre as fontes que utilizan para obter información.

Para isto, fixeron un estudo descritivo transversal en adolescentes en catro centros educativos de Carballiño, utilizando un cuestionario autoadministrado de elaboración propia que recolle variables sociodemográficas, sobre temática sexual e Internet e sobre enfermidades de transmisión sexual e anticoncepción.

En total, participaron 122 alumnos. A idade do primeiro coito foi 14,5 anos. O método anticonceptivo máis coñecido foi o preservativo (96,7%). Ao preguntar polas complicacións que poden aparecer ao manter relacións sexuais sen protección, un 74,3% indicou que o VIH.

Ademais, o 40,9% dixo que se conecta máis de 10 horas a Internet á semana, e o 47,6% de mozos, fronte ao 25,9% das mozas, utiliza a Rede para informarse sobre sexualidade.

Nas súas conclusións, as autoras do estudo, publicado na revista Metas de Enfermería, salientan que a idade de inicio de relacións sexuais con penetración é precoz, con diferenzas de xénero e no acceso á información. E existe descoñecemento sobre as principais infeccións de transmisión sexual.

Por iso, aconsellan que as consultas de Pediatría de Atención Primaria deberían ser espazos de educación sexual para os adolescentes, integrando a educación sexual na práctica clínica habitual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 pederage non

A pederage sempre tan interesada por estes temas

2 Dores

Ter un coito debe ser unha cousa grave.

1 De verdade?

Non me creo nada. Ao meu fixéronme enquisas dese tipo cando ía a primeiro de bacharelato e mentín todo o que puiden. Só me faltou contar que había f. en globo media ducia de veces, a-ha, a-ha.

1 Adolfo Agulla

Aspecto moi a ter en conta, si señor.