As bases de Esquerda Unida dan un si rotundo á confluencia

Yolanda Díaz aplaude os resultados pero indica que agora cómpre desenvolver un programa común.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/05/2016 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

As bases de Esquerda Unida aproban a alianza con Podemos para as próximas eleccións xerais. A luz verde chega tanto a nivel estatal -onde o si sumou máis do 84,4%- como a nivel galego -onde os partidarios da alianza rondan o 84,8% da militancia.

Yolanda Díaz, deputada de En Marea
Yolanda Díaz, deputada de En Marea | Fonte: lasvocesdelpueblo.com

En Galicia, Esquerda Unida asegura que participaron máis de 400 persoas na consulta, cunha abstención ínfima, menor ao 3%. Votaron a prol 430 e en contra 62 militantes, mentres que se abstiveron 15. 

A líder nacional en Galicia, Yolanda Díaz, mostrouse satisfeita cos resultados. A deputada avoga por seguir construíndo o “poder popular” pero admite que o punto clave é a elaboración do programa común.

A nivel galego, Díaz mostrouse optimista sobre o avance das negociacións con outros axentes, como ANOVA ou as mareas municipalistas, de cara a construcción dunha marea máis ampla. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 Eu mesmo

Volta a consumarse a farsa de En Marea co grupo parlamentario galego. Desta volta xa nin subconxunto dentro do subgrupo territorial de Podemos. Mexan por nos e...

1 LKI

E o Grupo do BeNeGá, onde vai?

2 Eu mesmo

No mesmo sitio que o de En Marea: a ningures. Estarás contento!!!. Eu teño sana envexa do SNP, mais, claro, vos alí votaríades por Corbyn, o coletas inglés. País!!!

5 Próculo

Yolanda a liquidadora estará contenta.

4 abelardo del caño

Gallegos no seais tontos! Para que vuestros diputados sigan defendiendo el Quijote en el Congreso Vota Anueva-Podemos si que puede-Partido Comunista de España y olé! (el olé que no falte!)

1 LKI

Olé! https://pacma.es/el-concejal-de-san... y olé! http://www.diarioliberdade.org/gali...,-do-bng,-quer-a-brilat-desfilando-em-ponte-vedra-no-50-anivers%C3%A1rio.html

3 Loureiro

Non lles preguntaron si querián primarias para elixir a candidatura ó Congreso é ó Senado. A Yoli Procesiones non lle interesa, así ten asegurado volver a Madrid ( a ilusión da súa vida)

2 Gerardo Ferreira Lusquiños

Ana Pontón recolleu só en días case 1000 avais para postularse como candidata do BNG á Xunta, é dicir, o doble dos que participaron na consulta de IU en Galiza. O que queda de Anova non chega nin a metade da militancia que ten a sección "gallega" de IU. E tampouco se vé que vaian a medrar en militancia.

1 Comunista

Pero aínda existe o BnG?