Temas: HEPATITE C

Por que os afectados de hepatite C son tratados como déficit polo Goberno do PP?

A presidenta da plataforma de afectados cualifica de "terrible, miserable e indecente" ao ministro Montoro por considerar que son un gasto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/05/2016 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

“Non somos un gasto, non somos déficit”. Deste xeito protestaron este xoves integrantes da Plataforma de afectados pola hepatite C (Plafhc) ás portas do Ministerio de Hacienda para recriminarlle ao Goberno popular que o custo dos medicamentos non compute como déficit, porque "un enfermo nunca pode crear déficit".

Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda
Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda | Fonte: BNG

Unha protesta que ía en contra das declaracións do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, quen hai unhas semanas advertiu de que o gasto en tratamentos para a hepatite C no que incorran as comunidades autónomas computará como déficit. 

A presidenta da Plafhc, Elsa Tobeña, en declaracións aos medios de comunicación, cualificou a actitude do ministro como "terrible, miserable e indecente", xa que no seu criterio son eles quen "roubaron, leváronllo e corromperon dunha maneira vergoñosa".

"O rescate á banca nunca contou como déficit", explicou a presidenta da Plafhc, que asegurou que non se está tendo en conta o aforro do gasto hospitalario que vai supor á Seguridade Social cando os pacientes tratados empécense a curar. Desde a plataforma non entenden a actitude de Facenda e do Goberno cando o ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en funcións, Alfonso Alonso, aseguroulles hai un ano, cando se aprobou o plan da hepatite C, que "o diñeiro non sería un problema" e que establecería un plan a dez anos para devolvelo.

Os manifestantes reuníronse tamén en solidariedade cos familiares e amigos dos que faleceron e para apoiar a denuncia contra dous altos cargos da Xunta de Galicia por prevaricación e homicidio imprudente grave. Por iso, na concentración berraron consignas como "tratamento para todos", "sanidade pública" e "os recortes de Montoro provocan deterioración", e tras unha pancarta na que se podía ler "os recortes matan".

Temas: HEPATITE C
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Sota

Dádelhe as voltas que queirades. Aínda falta facer unha gran manifestación nacional pedindo a ilegalización do Partido Popular. Si os partidos e demais colectivos sociais quixeran,poderían facer xuntos unha coalición na que a base das reclamacións fose a ilegalización do Partido Popular. Sobran datos, sobran informes, hai todo tipo de informacións contrastadas. Haino todo. Si non se fai é porque non queren facelo. Non hai máis que dicer do asunto.

1 Sota

Facer coloquios, dar datos, todo tipo de información detalhada, si é que estamos fronte a unha mafia organizada que só serve para detentar o poder e corromper dende arriba todo o entramado democrático. E posilbemente haxa moitas mortes, so só dos doentes de hepatite C, senón de algún máis das esferas do poder. É unha mafia o PP? Sí. Non tenho a menor dúbida. Agora tócavos a vós organizalo e socializalo. Dïgovolo a todos, sin excepción. E tamén é para saber onde está cada quen, pero de verdade. Non mediáticamente. Se non de verdade. Iso é o que compre facer. E non máis demagoxia de si A Marea, o BNG, etc. Quero saber onde está cada quen.

2 Cabalo

Pensándoo ben. Tenheno que facer dende Madrid. Daí o de PODEMOS e ANOVA. Beiras non é parvo. Si só o fan na Galiza, non queda en nada. Por iso a xente vota PODEMOS en non nin ANOVA nin BNG. No fondo do noso subconsciente sabemos o que hai. Logo que non venhan dicíndonos que si ún é máis nacionalista que o outro. Que si uns están supeditados a Madrid e outros non. O que pasa é que estades todos máis espanholizados que a tortila de patacas. Aínda que non vos guste, é o que hai.

2 Krugman

O gasto sanitario, sexa por gripe, cancro ou hepatite, é sempre gasto. Non fai falta ser economista para sabelo. Ata un alumno de Primaria distingue entre gasto e investimento. Pero como hai eleccións, vale todo. Despois sorpréndense de que gañe Feijoo. Sigan así que nas vindeiras aínda arrasará máis. ¡Hai que ser burros!

1 Dr Bacterio

É lóxico, para o Partido Podre son números. O Partido Podre non os considera persoas

1 galegoexiliado

certo