O presidente do Perú, de visita en Vigo

Participará na botadura dun novo buque da armada peruana, o Carrasco, construído en estaleiros galelos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/05/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O presidente de Perú, Ollanta Humala, atópase en España nunha visita oficial na que manterá encontros co rei Felipe VI e co presidente en funcións do Goberno español, Mariano Rajoy. Tamén estará en Galicia, concretamente, en Vigo, a onde acudirá o sábado.

Ollanta Humala, presidente do Perú
Ollanta Humala, presidente do Perú | Fonte: desdeletercerpiso

Na cidade olívica participará na cerimonia de botadura do novo buque da Armada peruana "Carrasco", destinado á investigación científica oceánica e construído en estaleiros de Vigo, acto no que ten previsto participar a ministra de Fomento de España, Ana Pastor.

Con esta viaxe, Humala pretende fortalecer as relacións bilaterais e agradecer ao rei e a Rajoy as xestións e o apoio das autoridades españolas para que a Unión Europea facilitase aos peruanos a entrada no espazo Schengen.

Esta é a cuarta visita de Humala a España desde que en xullo de 2011 foi elixido presidente de Perú, cargo que debe ocupar até o 28 de xullo deste ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta