Cruce de camiños entre Podemos Galicia e PSOE

Podemos Galicia e o PSdeG viviron esta semana dous episodios onde as traxectorias de dúas dos seus dirixentes cruzáronse. En Santiago, unha concelleira socialista que podería entrar no municipio confesou que tamén milita en Podemos. Por outra banda, a nova secretaria de comunicación e estratexia do partido morado admitiu que traballou hai pouco para o PSdeG nun cargo público de libre designación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Celtia Traviesas deu detalladas explicacións do seu breve periplo como asesora de comunicación de Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo. 

Beatriz Cristina Estévez Fontenla
Beatriz Cristina Estévez Fontenla | Fonte: podemos.info

Traviesas argumenta que “fala ben do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, que por riba da miña proximidade a outro partido, que nunca ocultei, valorase o meu currículum e a miña profesionalidade para un posto de confianza como asesora de comunicación”. A continuación sinala que “levo máis de 10 anos traballando no que sae, loitando por gañarme a vida e por ter unha carreira profesional. Envexo a quen se pode permitir, ou tivo a sorte, de manter pulcros currículums de activistas; eu non”.

A secretaria explica nun “exercicio de transparencia” que só traballou no gabinete da Deputación “de finais de decembro de 2015 a comezos de febreiro de 2016”. A continuación di que atopou outro traballo de asesora, pero para unha eurodeputada de Podemos, polo que cambio de traballo. Traviesas rexeita as acusacións internas de que estivera “pensando noutro partido” e fai un chamamento á unidade. 

Por outra banda, o PSOE de Santiago atopouse esta semana cunha desagradable sorpresa. Unha serie de renuncias persoais e incompatiblidades profesionais fai que teña que correr un posto de concelleiro até o número seis da lista. Resulta que ese posto é de Beatriz Estevez, quen recoñeceu publicamente que ten doble militancia, nos socialistas e en Podemos. De feito, foi membro da Comisión de Garantías das últimas primarias de Podemos Galicia.

Loxicamente, o PSOE de Santiago non vai estar cómodo cunha concelleira que tamén milita noutro partido, que neste caso forma parte da coalción de goberno, Compostela Aberta. Cederá o posto que lle corresponde por Lei Estévez? Polo de agora deixou a porta aberta a asumir a acta de concelleira e alegou que os partidos non entenden que as súas bases poidan colaborar coas bases doutras formacións. 

Celtia Traviesas
Celtia Traviesas | Fonte: ub.edu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Teense

Esta é una excepción? Ou, é que a nova política é aquela que se apoia no transfuguismo e deslealdade.

4 5000 euros por non ir

E logo todos estes non estiveron xa noutros sitios e cobrando. Ainda vai ser esta a que inventou a nova política TM

3 relación laboral a reborainas

Outra carmen "la roja" outra mais do AGE... axencia galega de emprego... namentras na reboraina finca do -vieiras a xente esta obrigada a pagar un 50 por cento da colleita o señorio, e probe do que non faga o pago, pois as mesnadas do vello irian a visitalo o día seguinte, queimandolle a chouza, e o jaliñeiro (si ti raul do pilon dabaixo) o latego e a relación laboral mais coñecida no feudo, os martes pola tarde sae a facer cabalgadas a impoñer o terror a deixarse ver, a desmentir o dos oitenta e dous anos... a xente ten medo, a xente prega a todos os santos... a xente rezonga contra podreiros!!! contgra ageiros!!!

2 Buda o iluminado

Si non lle abriron expediente e que podreiros esta a favor da corruPPción e o transfuguismo, son moi de seinvergonzas o que veñen facendo... o profesor black errejon que escondia salarios e non ia a traballar a universidade, miren o que fixeron coa financiación en mandriles no tele parafuso os cartos de izquierda la unitaria bank-mafia, os milloens perdidos de euros en mandriles... miren o que fixeron, o que estan facendo... PEDERAGIA NO PARLAMENTO GALEGO!!!! e ainda pensades depositar o voso obolo na urna de podreiros-ageiros-vieiristas-trapalleiros

1 Fichaxes extrela

De baixa laboral e indo a reunión de Podemos? Informen de isto GC