Denuncian demoras de tres anos para operarse no hospital de Compostela

Constantan que hai 2.124 pacientes en lista de espera estrutural para ser atendidos nun periodo superior aos tres anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Unha asociación de pacientes do Complexo hospitalario de Santiago de Compostela denunciou este sábado demoras no tratamento de pacientes "intolerables", entre elas, operacións que se pospoñen máis de tres anos.

Cadea de profesionais do Sergas diante do CHUS, en Santiago
Cadea de profesionais do Sergas diante do CHUS, en Santiago

A Asociación de pacientes e usuarios deste centro hospitalario critica a "progresiva deterioración da saúde" e a un "incremento final dos custos" do servizo público tras ter constancia de atrasos "inxustificados" en varios pacientes pendentes de probas especializadas ou intervencións cirúrxicas.

Entre elas figura a dun home diagnosticado con deformidade nos dedos dos pés que o mes pasado constatou que estaba nunha lista "non estructrutural cunha espera para ser intervido de 1.163 días", é dicir de tres anos.

Segundo a asociación, o paciente constatou ademais que había "2.124 pacientes en lista de espera estrutural para ser atendidos coa mesma prioridade".

A asociación denuncia vulneracións, incumprimentos, falta de información e mesmo o "peche de axendas" de citas médicas de "forma planificada", de maneira que "deixan ao paciente nunha situación de absoluto desamparo asistencial, independentemente da gravidade da súa doenza", segundo apunta nun comunicado.

"O sistema de xestión da saúde pública en Galicia ten nas listas de espera un dos instrumentos esenciais para poder facer efectiva as políticas de austeridade", critica.

Denuncia que ese modelo de xestión "non é neutral senón que está ao servizo de políticas que pretenden, utilizando a desinformación como instrumento, que os pacientes se convertan nun axente moldeable sen capacidade de actuación colectiva nin de resposta para defender os seus dereitos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 BGB

Non é de agora mesmo, no ano 2011, no mes de Febreiro, a miña parella entrou en lista de espera para unha operación ambulatoria e non foi chamado para a mesma ata 2 anos e 9 meses despóis...en Novembro de 2013. Non entendo por qué se tapan/ocultan estas situacións e sae Feijóo cada dous por tres nos medios decindo que están reducindo a listas de espera...¿a quén queren enganar?

1 galegoexiliado

O que mais me gusta é saber que os votantes do pepe tamén disfrutan das maravillas da sanidade popular. Claro que si hai que sacrificarse pa darlle sanidade gratis aos galegos das américas que non pagan impostos na Galiza, estamos dispostos a sacrificarnos.E si hai que facer recortes pa que o desGoberno popular faga festas gastronómicas e viaxes as Américas, recortamos donde sexa, Sanidade incluida. É o que sabio pobo galego leva séculos votando, e quén é o siñor freijoy pa negarse.