Nova condena ao Sergas pola morte doutro paciente

Foi o Defensor do Paciente quen interpuxo a denuncia por mala praxe médica. A súa filla percibirá 12.000 euros de indemnización.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/05/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Sergas acaba de ser novamente condenado pola morte dun paciente ao que se lle agravou unha infección provocada polo atraso nunha cirurxía.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo,  xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo, xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS | Fonte: Xoán Crespo.

Por iso, os tribunais condenaron á Xunta a pagarlle 12.000 euros a filla do paciente que puxo en mans dos servizos xurídicos do Defensor do Paciente o caso. Este órgano presentou a reclamación xudicial que deu lugar a esta sentenza condenatoria por mala praxe médica.

A morte desta persou foi provocada polo atraso nunha operación cirúrxica que acabou por infectarlle unha úlcera de presión que non foi detectada polos servizos de enfermaría do Hospital Clínico de Santiago, pero que foi descuberta pola filla, enfermeira noutro complexo do Sergas.

A sentenza sinala que, aínda que se está "ante unha infección difícil de evitar (...), doutra banda, as razóns dadas polo servizo de neurocirurxía para xustificar o atraso en intervir non son suficientes e iso favoreceu, segundo o perito xudicial, a infección".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 xan

Seguramente estaban no servicio médico correspondente Feijoo e o Conselleiro

1 Tete

E desta condena non dicides nada? http://www.europapress.es/galicia/n...