Alonso Montero destaca o consenso acadado con Manuel María no Día das Letras

Critica a situación na que se atopa o galego e pídelle ás administracións un compromiso firme na defensa do idioma.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Manuel María é o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Unha figura literaria que non tivo oposición dentro da RAG, nin tampouco fóra. Algo moi diferente ao acontecido o pasado ano con Xosé Filgueira Valverde, ao que moitos lembraron o seu pasado franquista.

Henrique Monteagudo, Alonso Montero e Anxo Angueira
Henrique Monteagudo, Alonso Montero e Anxo Angueira | Fonte: RAG

Precisamente a este consenso foi ao que apelou o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, para asegurar que "é difícil atopar un consenso tan amplo" como o que suscita Manuel María.

Nunha entrevista na Radio Galega, Alonso Montero, destacou que, grazas a este consenso, é improbable que se reproduzan polémicas como as xeradas o pasado ano.

O presidente da RAG tamén se referiu á situación do galego e dixo que está pasando por malos momentos. De feito, e para mostrar este desleixo pola lingua do país relatou como un empresario chamou en galego á Administración autonómica e un empregado público contestoulle en castelán.

"A tarefa é unha tarefa de todos, por máis que o presidente da Xunta este ano ou o presidente da Xunta que veña outro ano, sexa quen sexa, digan que o galego é a columna vertebral da patria", dixo nunha clara apelación ao deber das das administracións por defendelo

O poeta e escritor Manuel María
O poeta e escritor Manuel María | Fonte: www.letranasobras.com

En relación aos recursos presentados contra o decreto do plurilingüismo, Alonso Montero comprometeuse a chegar até o final e afirmou que, se en Europa volven desestimar a súa petición, non sabe se "haberá posibilidade de ir á ONU".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 rag rag

alonso monteiro ENEMIGO DO GALEGO, comunista-vieirista axente da expañolización na Colonia galega, quere a unión de expaña e as suas terras o galego e expresión flolklorica para os traidores mareistas, os irmaos mareistas-vieiristas o ferruxe sentou catedra e sentou a media parentela... agora sigue o continuismo ultraexpañolizador

2 Freixo

Que vergonha este senhor, Jesús Alonso Montero, castelhanofalante habitual e chauvinista espanholeiro. Manuel Maria chegou a publicar alguma obra em galego com ortografia histórica até que a ditadura editorial o obrigou a escrever com a ortografia colonial. E se vivesse imagino que sentiria vergonha destes pseudoconsensos...que o som só para deturpar a estes autores, ignorando a sua dimensom mais contestatária e inconformista. Vergonha e nojo!!

1 Rty4

Rosalía de Castro escribia na "ortografia colonial"? E Manuel Antonio? A "ortografía colonial" é a de Angola ou Mozambique?

1 RAG de AGE

Si por iso promocionas en español ou negades o uso dun teatro non tedes vergoña.