Temas: COCIñA

Obradoiros de cociña tradicional galega para nenos e nenas

«Comida tradicional galega I e II» é o título das actividades Os obradoiros estrutúranse en cadansúa sesión a escoller os días 14 ou 21 de maio

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/05/2016 | Actualizada ás 22:32

Comparte esta noticia

Afundación continúa coa súa oferta de cursos de cociña infantil. Nesta ocasión, e con motivo da celebración das Letras Galegas, serán sobre cociña tradicional galega e estarán dirixidos a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos.

Nenas cociñando
Nenas cociñando | Fonte: Afundacion

«Comida tradicional galega I» terá lugar ou ben o sábado 14 de maio de 11.30 a 13.30 h ou ben o 21 de maio de 17.00 a 19.00 h. Pola súa parte, para o obradoiro de «Comida tradicional gallega II» poderase escoller entre o sábado 14 de maio de 17.00 a 19.00 h ou o sábado 21 de maio de 11.30 a 13.30 h. As actividades terán lugar na sede da entidade en Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19). As inscricións poden realizarse a través de www.ataquilla.com.

«Comida tradicional galega I e II», impartido por Vanessa Sende, pretende achegar os participantes ao mundo da cociña tradicional galega, dun modo didáctico e divertido. Así, ademais de preparar os distintos pratos, os nenos e nenas aprenderán as normas de seguridade na cociña, como manexar os alimentos e utensilios, os hábitos recomendados de hixiene e limpeza, a importancia de consumir alimentos sans e nutritivos ou a importancia de reciclar.

Durante os obradoiros, os participantes darán renda solta á súa imaxinación e cociñarán en cada un deles un prato salgado e outro doce: empanada de millo de mexillóns con papanduxas, e brochetas de polbo á feira con bica. Nas actividades mostraranse tamén novas formas de presentar os pratos e, ao rematar as sesións, os nenos e nenas levarán o que cociñaron, xunto coas distintas receitas para que as poidan poñer en práctica na casa.

Temas: COCIñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta