Temas: BNG ANOVA TRIVES

Anova e o BNG, unidos nun novo proxecto político

Estas formacións, xunto con outras nacionalistas de corte independente, acaban de crear a Asemblea Nacionalista do Macizo Central para defender os intereses comúns desta comarca de Ourense.

Por Galicia Confidencial | Trives | 10/05/2016 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Defensa incondicional dos símbolos de identidade, lingua e cultura e a defensa nacional da Galicia, ecoloxismo e feminismo, o agro e a gandería ou as infraestruturas, son algúns dos puntos de interese común que defenderá conxuntamente BNG, Anova e outras formacións de corte nacionalista nunha nova plataforma política.

Constitución formal da Asemblea Nacionalista do Macizo central con militantes de BNG, Anova e outras formacións
Constitución formal da Asemblea Nacionalista do Macizo central con militantes de BNG, Anova e outras formacións | Fonte: Anova

A Asemblea Nacionalista do Macizo Central colleu forma nunha asemblea celebrada o pasado 23 de abril na Proba de Trives con militantes e simpatizantes nacionalistas dos concellos de Manzaneda, Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas, A Teixeira e Montederramo, entre os que se atopaban alcaldes e concelleiros das diferentes candidaturas nacionalistas con representación institucional nestes concellos de Ourense.

O seu principal obxectivo é defender os dereitos e os intereses dos veciños desta comarca, principalmente, o despoboamento no rural, os servizos públicos, as infraestruturas, os incendios forestais, o ataque de animais ó gando ou o uso dos glifosatos, por parte das administracións.

“Saudamos e valoramos positivamente o comezo desta asemblea, xa que os concellos do Macizo Central partillamos problemáticas que esixen solucións comúns, a comezar polo caciquismo que agrava a fonda depresión socio-económica e demográfica que abala o presente e ameaza o futuro das nosas veciñas e veciños”, sinalan nun manifesto.

Por iso, uníronse para crear unha fronte común “fronte as agresións e a discriminación” que o Macizo Central leva sufrido durante anos cos diferentes gobernos do Partido Popular. “Estaremos pontenciando, apoiando e coordinando iniciativas políticas, sociais, culturais, económicas, deportivas, etc que teñan como finalidade o desenvolvemento dos concellos da zona”, suliñan no seu manifesto fundacional.

Con todo,  advirten que en políticas de carácter xeral de Galicia ou do Estado ou procesos electorais autonómicos ou xerais, “cada membro desta Asemblea participará ou apoiará as da sua organización política no caso dos que son militantes, e os non militantes a quen eles consideren máis conveniente”. Tamén, suliñan que, en ningún momento esta asemblea se usará para ningún tipo de coalición nin como arma electoral en ningún comicio vindeiro.

Temas: BNG ANOVA TRIVES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

2 John McNamara

Parabéns, ogallá poda ser un xerme dunha unidade da esquerda galega, que non "gallega".

1 Comunista

A unidade da esquerda galega xá é unha realidade refrendada por 410.000 galeg@s e o vindeiro domingo vai subir un novo chanzo. Dende o nacionalismo interclasista e decadente continuades a confundir "esquerda galega" con "esquerda nacionalista", identificando erradamente Galiza=Nacionalismo. De feito, nin sequera a esquerda independentista ten por que ser "nacionalista". Mentras non vos decatedes diso continuaredes a fracasar, unha e outra vez, unha e outra vez...

2 lemes

Acertado cando dis que hai independentismo (miren ERC e as CUP, por exemplo claro) que superou a fase adolescente do nacionalismo (na que segue o BNG). Errado cando mostras a pretendida unidade da esquerda galega (para servir os intreseses de trepas do PCE e de Podemos, repartindo migallas aos mansos agradecidos), xusto nas xornadas en que se esta a destapar a cociña de tal unidade. Se cadra chegou a hora de prescindir dos vellos lideres e partidos (non so por idade, hai novos que son igual de anticuallas por moi modernos que se crean), de comezar pola base e non polo teito das cupulas.

1 Galegus

"Defensa naZional de Galicia". É isto o NO-DO?

1 O mesmo de sempre

Como soa esto, a mesma cantinela de sempre, que cando o "Fragasaurio" dixo o mesmo, que "Xuntos", que os Baltares, Cuiñas e os chamados da Boina, tiñan postos, cartos, e demais prevendas. Como o PSOE, empregou ao PSG para medrar, e os Abeles Caballeros, Touriños, e demais, podian facer carreira política. O da Choni, da Sra. Diaz, ten mais delito todabia. Engañou, a xente de boa vontade, para medrar ela, e aniquilar a xente que pensou que por fin Galicia tiña algo que decir. O mesmo conto do centralismo de sempre.