A Xustiza dálle a razón a Queremos Galego tres anos despois

Queremos Galego gaña o recurso xudicial contra as sancións que lle impuxo o Goberno do PP en Santiago pola manifestación do 17 de maio de 2013.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/05/2016 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A plataforma Queremos Galego informou de que gañou o recurso contra a sanción imposta por supostos incidentes acontecidos na manifestación do 17 de maio de 2013 con motivo do Día das Letras Galegas, e "tras a negativa a retiralas" por parte da Delegación do Goberno e o Ministerio do Interior.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Nun comunicado, o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, sinala que houbo unha "denuncia por parte da Policía e da Delegación do Goberno" que "só se entende dende o uso político das institucións a favor dos intereses do PP", que entón estaba á fronte do Concello de Santiago, Xunta e Goberno central.

Para a plataforma, esta "manipulación das institucións" xa "fora explicitar" por parte do PP coa "negativa municipal a permitir a colocación dun palco ou megafonía", o que foi recorrido no xulgado por Queremos Galego, ou coa modificación "sen tempo" do percorrido notificado á Delegación do Goberno, "co obxectivo de obstaculizar a reivindicación a favor da lingua", denuncia.

"A negativa de Queremos Galego a ceder nas presións do PP para que a manifestación non se celebrase foi o motivo real da multa", recriminou a plataforma, que asegura que "non se trata de feitos illados", senón que se sucederon noutras ocasións.

Marcos Maceira esperou que "feitos como estes non se volvan repetir" e chamou a participar na manifestación do próximo día 17, que sairá ás 12,00 da Alameda de Santiago. O voceiro da plataforma defendeu a necesidade de "volver saír un ano máis á rúa para defender a lingua galega como elemento de unión e para garantir a convivencia en condicións de igualdade dentro do pobo e nas relacións con outros pobos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Xesús Fernández

E ninguén vai ser procesado, sancionado, destituído ou algo similar por mentir intencionadamente coa finalidade de facer daño ou calumniar, así como por destragar os recursos públicos?

2 anonimo

el señor diaz ministro del interior es un bo rra cho hi jo de pu ta

1 Zxgh

Este tipo de comentarios valen. Cuando le digo a Beiras que hay que ir morrendo, no vale. Valga o no valga, la satisfacción que voy a tener, como la que tengo cuando la palma un socialista, eso no me lo saca nadie.

1 eusi

#PPaoPParo