Nova manifestación en Vigo contra a privatización da sanidade

Profesionais do Chuvi e SOS Sanidade Pública chaman á cidadanía á protesta deste xoves para "rescatar" a sanidade, tras as privatizacións de servizos básicos no hospital Álvaro Cunqueiro.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/05/2016 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

SOS Sanidade Pública e a xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) convocan este xoves unha nova protesta contra a privatización da sanidade pública, sobre todo, tras a privatización de servizos básicos no hospital Álvaro Cunqueiro.

Milleiros de persoas protestan en Vigo por unha sanidade pública nunha das manifestacións máis masivas que se lembran na cidade
Milleiros de persoas protestan en Vigo por unha sanidade pública nunha das manifestacións máis masivas que se lembran na cidade | Fonte: VM

"É posible recuperar o Hospital Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública, que o Meixoeiro xogue o papel fundamental que ten que xogar na área, que o anexo 1 do Xeral sexa un centro de alta resolución e que se abra outro centro no Morrazo", dixo o voceiro da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública, Manuel González Moreira.

Así mesmo, o secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, sinalou que a manifestación deste xoves, que sairá ás 20,00 horas da Praza de España, é unha mobilización máis convocada polos profesionais sanitarios para protestar polos servizos e medios que foron recortados respecto ao proxecto inicial tras a apertura do novo hospital.

En relación a iso, recalcou que en realidade "a manifestación a está a convocar a administración" como consecuencia de "cuestións básicas" como os problemas na comida, o prezo do parking, a suspensión de operacións, as colas para pedir citas e que Vigo ten a lista de espera "máis alta de Galicia e das máis altas de España" mentres se pechan camas.

Tamén criticou que hai unha "carencia importante" no equipo; que o novo hospital se viu "diminuído" respecto ao previsto e, con todo, custou "4 veces máis"; e que este centro non conta con laboratorio central e a súa actual situación no Meixoeiro carrexa "dificultades para os profesionais e os cidadáns".

"Os intereses económicos impiden que os cidadáns teñan unha boa sanidade", insistiu Cameselle, que apuntou que "a solución non é chegar a pequenos acordos que están ben -entre os que mencionou o prezo do aparcamento e a desprivatización dunha parte do persoal celador-", senón "desprivatizar" a área sanitaria de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dr. Bacterio

A Sanidade Pública estáse a privatizar en todo Galicia. Por que non hai mobilizacións no resto das cidades galegas?