Caxade presenta novo disco

O acordeonista Alonso Caxade presentará o seu novo disco este domingo, 15 de maio. A cita é no SCQ café bar de Santiago de Compostela, na zona vella, na rúa das Orfas, a partir das 12:30 horas. Vídeo da "E isto é amor" no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/05/2016 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O sábado 14 de maio chega ás tendas, da man do selo cooperativo Discos da Máquina,  o novo traballo discográfico de Caxade, tiulado "E isto é o Amor"; ao igual que a canción de presentación. 

Hai apenas dúas semanas vía a luz, en forma de vídeoclipe, o single de adianto do novo disco de Alonso Caxade.  As máis de cinco mil reproduccións nestes quince días dan conta do agardado que é este segundo disco ao tempo que presaxian un boa xira de presentación que comezará o 21 de maio na Sala Sónar de Compostela e seguirá o 22 en Ponteceso, (Festiletras), o 26 en Pontevedra (Sala Karma), o 4 de xuño en Lugo (Sala Clavicémbalo),  o 11 en Bueu (Sala Aturuxo), o 18 viaxarán a Toulouse (Francia) para tocar no Festival Río Loco, o 25 en Rianxo e o 26 en Vilagarcía.  Oito concertos en apenas seis semanas antes de meterse nos festivais de verán.

Caxade é proxecto musical de indie-folk do músico galego Alonso Caxade que comezou no ano 2012. Naceu como un proxecto audiovisual a través da publicación das publicacións das videocreacións "Danza dos Moscas", “Gente Pota” e “Sr. Xorda”.  Foi nomeado aos Premios Mestre Mateo, foi considerado Mellor Artista 2013 nos XIII Premios Opinión e gañou o Certame Música Xove. A dança dos moscas (Discos da máquina, 2013) está considerados como un dos mellores discos en galego no que levamos de década. Despois, en decembro de 2015, presentou CD-DVD "A Dança dos Moscas Ao Vivo" gravado coa Banda de Música da Bandeira.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta