Continúan as diferencias sobre o futuro de En Marea

Beiras e Sánchez insisten en que os cidadáns son os protagonistas de En Marea e que son eles os que teñen que decidir ao 26X se debe ir como suxeito político propio e non integrado en Podemos. Díaz aposta por repetir a fórmula dos pasados comicios xerais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Varias mensaxes de Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez, dirixentes de Anova, nas redes sociais deixan entrever as diferencias que existen, actualmente, sobre o futuro de En Marea entre esta formación e Podemos e Esquerda Unida.

Beiras, de ANOVA, Pablo Iglesias de Podemos e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida
Beiras, de ANOVA, Pablo Iglesias de Podemos e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida | Fonte: Podemos

"Confío en que o cerebro colectivo prevaleza sobre os cerebros individuais que non chegan a entender as cousas". Esta é a mensaxe que foi publicado este xoves no perfil de Twitter do líder de Anova, Xosé Manuel Beiras. Unha mensaxe que coincide nunha semana clave nas negociacións dos socios de En Marea e, precisamente, despois de que os integrantes da Mesa de Coordinación acordasen rexistrar de novo a coalición -que subscribiron para o 20 de decembro Anova, Podemos Galicia e Esquerda Unida- para a repetición de eleccións.

Aínda que se alcanzou este acordo na reunión do martes, a formación que lidera Xosé Manuel Beiras aclarou que o fixo de forma preventiva no sentido de que pechan os prazos, pero é partidaria de que as bases de En Marea poidan votar ao respecto da fórmula xurídica coa que se presentarán ás eleccións.

Anova non deu por pechado o debate e aspira a que se inclúa na asemblea de En Marea o próximo domingo 15, pero na Mesa de Coordinación non triunfou a súa postura, fronte a Esquerda Unida e Podemos Galicia, que aceptasen (de feito ofreceuse) facer unha consulta paralela á que se fixo no ámbito estatal esta mesma semana, pero antes de que vencese o prazo para a inscrición de coalicións.

Precisamente esta cuestión foi a que motivou o non de Anova, posto que, ao seu xuízo, o debate debería darse primeiro na asemblea do próximo domingo e a consulta, con posterioridade. Neste escenario, a formación nacionalista fará a súa propia consulta interna a semana que vén ao respecto da forma xurídica coa que acudir ás eleccións.

Sobre esta cuestión pronunciouse, tamén a través de Twitter, o vicevoceiro de AGE e coordinador nacional de Anova, Antón Sánchez. "O suxeito político é a cidadanía galega. No caso de En Marea, as bases de En Marea. Permitir votar no Estado e non aquí, é non entender isto", lanzou a través da súa conta persoal.

Cerna e Yolanda Díaz

Precisamente, Cerna, un grupo escindido de Anova, tamén defende as mesmas posicións que Beiras e Sánchez e entende que só a fórmula do “partido instrumental” garante que se poida contar cun Grupo Galego nas Cortes ao tempo que se estea a definir un espazo de participación individual para o futuro inmediato. “Esa á a idea que moitos de nós imos defender conxuntamente cos nosos amigos e simpatizantes aos que reiteramos a petición de inscrición para participar”, din en relación ao encontro do vindeiro domingo.

Pola súa banda, a deputada de En Marea Yolanda Díaz insistiu en que se vai repetir a fórmula dos pasados comicios. “Vamos ir En Marea e non hai ningún risco de que non se produza esta situación", dixo ademais de trasladar "unha mensaxe de tranquilidade". "

Tamén asegurou que a súa relación co que foi o seu compañeiro de formación no Parlamento galego Xosé Manuel Beiras "está ben, con absoluta normalidade, como sempre". "Aínda que nesta ocasión obviamente temos diferenzas respecto á configuración xurídica do que debe de ser En Marea, pero unhas relacións como sempre correctas", engadiu.

Votacións

Estas diferencias chegan no medio dun proceo interno de votación entre a militancia de Podemos e EU. Así, o 89,5 por cento dos militantes galegos de EU que participaron na consulta interna sobre o preacordo con Podemos para concorrer o 26 de xuño na repetición das eleccións xerais ratificaron esta proposta e a coalición de En Marea -para o caso galego-, como así recollíase na pregunta que se enviou á militancia.

Pola súa banda, o 95,5 por cento dos inscritos de Podemos Galicia avalaron tamén o acordo con Esquerda Unida e outras formacións como Equo para concorrer xuntos en coalición nas próximas eleccións do 26 de xuño, así como reeditar as confluencias de Galicia, Cataluña e a Comunidade Valenciana "nos mesmos termos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

5 Parderrubias

Desaparecido o BNG por meritos propios (chamemoslle U), quedaba Anova. As alianzas eran opinables (chamemoslle IU). Atentos: No PCE de Galicia, uns ninguen, chupaban grazas a Beiras (e agora teñen un amo que paga mellor, Pablo Iglesias), e agoa vemos a falsidade de Podemos (desde vellos raposos do PCE, aproveitados especuladores e defraudadores, examantes e cuneros colocados, xuices figuras e figurantes varios postos a dedo). Nada de nova politica. Todo ben atado polo aparato de Podemos, e os galegos bailando ao son que marcan os madrileños. Ainda podemos rectificar, o que non imos tragar os galegos sera unha disculpa pesima outra vez.

4 5000 euros por non ir

Beiras insiste en que a palabra tena o cidadán Beiras e o cidadán López-Reino insiste en que a palabra a ten o cidadán Pablo Iglesias. Que cidadán mandará máis o galleguiño ou o líder madrileño? Que misterio máis grandeeeee.

1 comunista independentista

López-Reino xa non é ninguén, quedou desacreditado tras perder as primarias de Podemos-Galiza apostando pola lista derrotada de Pam Rodríguez.Agora mesmo López-Reino é case tan insignificante coma a coronela Pontona.

2 Caldelao

Gómez-Reino, ben sendo o Garcia-Sabell de Pablo Iglesias. Os adoradores --vellos e reciclados--do xenro do delegado sumiso deberiades aprender mellor os apelidos do voso señor.

3 Souto

Podedes cacarexar todo o que queirades. Que é o que ides facer perantes estes meses. Pero a decisión xa está tomada. Así que a cacarexar e moito teatro. Lembro toda a minha contorna dunha cidade provinciana ( sen esaxerar, serían uns 200 entre familiares, achegados á familia, amigos e demáis). Sei que Beiras conta cunha parte salientábel deles para continuar o circo. Porque están moito máis perto de ti que de mín. Cacacarexa canto queiras. Que son dos teus. Bueno, quero dicer dos de PODEMOS. Así que a cacarexar (cua, cua, cua, cua!)O de ANOVA sodes moitos máis velhos ca min. Pero iso si. Eu son coherente. Aínda que non me voten. Porque hai cousas polas que non paso. E tí as pasaches. Agora IU ríese de vós e PODEMOS tamén. Así que a cacarexar. Para saír día sí e día tamén nos mass media que e´do que vivedes.

1 LKI

Atendan o nivel da xentiña que queda no BeNeGá: "Cacarexar" -> cua, cua, cua! Agora as galiñas cando cacarexan fan o mesmo son que os patos cando gralean. Moi ben Souto! E a culpa non é da LOGSE, senón dunha seita chamada BeNeGá na que para acceder a postos de dirección abonda con ser os máis fanáticos e amosar fidelidade o líder Zarzuelas, sen importar nada ser un auténtico incapaz. Así saíron Lobeiras, Maceiras, Pontóns, Celas, Ximenas,... Bravo.

2 roturistas 2.0

LKI por agora nombraches a xente que traballou e segue traballando a reo por Galicia sabendo que o máis probable é que nom se consega representación, pero esqueceste de nombrar a Martiños, Riobos, Beiras, Aymerich... e una largo elenco que saltaron a tempo para o teu barco que si reparte postiños a cambio de que se subordinen a grande España. O dito sede máis críticos con os "nov@s polític@s roturistas" que os votantes do Bloque alegraremonos que os socios Pablo e Pedro dende Madrid deixen facer grupo parlamentar propio e se defenda os intereses propios de Galicia, a ver si é verdade.

3 LKI

O que fai que unha organización política estexa realmente subordinada a España é manter "ad eternum" pufos coa súa banca. Si, con esa banca afincada en Madrid e que rouba a plusvalía do pobo galego. Pois ben: Débeda de En Marea coa banca española: 0 € / Débeda do BeNeGá/UPeGá coa banca española: 4.700.000 €. Agora seguide co mantra ese da "subordinación" a Madrid/España, que xa non enganades a ninguén

4 LKK

O BNG agora debe 1 millón despois de pagar os pufos que deixaron Beiras e demais amigo nacionalista de salón. A vosa IU na que está en Marea soa debe 15 millóns e iso que lle condonaron os bancos

5 Comunista

Os pufos dos partidos pódense consultar en centos de páxinas web de acceso público. A débeda actual do BnG para cos seus amos da banca española ascende aos 4,3 millóns de euros. É moi doado e moi covarde botarlle a culpa aos que xa non están, pero a verdade é que a maior parte da débeda bloqueira con España é consecunecia de ter que manter aos que aínda están e levan toda a vida a parasitar: Zarzuelas, Jorqueras, Pontóns, Celas, Meras e demáis troupe. Nas mesmas páxinas web nas que se poden consultar os pufos dos partidos non aparece En Marea.

6 Arturo de Bretoña

Joderrr, dificilmente vai aparecer "En Marea", porque non é un partido (cando menos até o momento)

2 Norman

A min fáltame a explicación por parte de Podemos e EU de por que non queren intentalo como partido, se a fórmula da coalición non funcionou. Sospeito que unha das esixencias de Pablo Iglesias para a confluencia a nivel estatal foi esa: que as coalicións catalana, valenciana e galega non se rexistrasen como partidos instrumentais, para poder manter a visibilidade de Podemos cando lle toque xestionar os resultados do 26-J especialmente no tocante á negociación co PSOE. Se alguén ten máis información ao respecto que comente, por favor.

1 LKI

Comeza a conta atrás para que os cans do BeNeGá comecen a ladrar...

1 LKK

A Beiras xa o mandou calar Gómez-Reyno e caladiño quedou

2 comunista independentista

Beiras calado? Évos bem certo que os do Bloque vivides noutro planeta. A Beiras non o calaron os coroneis da U e non o vai calar un ex-AMI reciclado en cidadanista posmoderno.

3 Ana

A credulidade do Beiras ten data final de caducidade: domingo, 15 de Maio de 2016. Daquela saberemos se lle damos prorroga ou o tiramos ao lixo dos que nos venderon (como aconteceu co BNG). E coa validez dos líderes caducada que será dos taparrabos do Bloque e de ANOVA?

4 comunista independentista

E tí quen te crés que és para conceder credulidades e dar prórrogas? En que momento vos autodotáchedes no Bloque da lexitmidade para facerdes de Policía da Galeguidade ou de Gardiáns da Coerencia? O único que ten lexitimidade é o pobo galego. E o pobo galego elevou a En Marea a alternativa contra o PPdeG e chimpou o Bloque o caldeiro do lixo. Así de claro.

5 Ana

Estimado cretino "comunista", como te definiu o teu colega Rubén Pérez do PC de España (e senón che presta, pídelle explicacións ao teu compadre), repíto o xa explicado días atrás: cando o Beiras e ti aínda defendías o Bloque hai ben pouco, outros levamos décadas fora, o teu problema de ódio e desamor non podemos solventalo, as túas misérias son túas, e non todos exercemos de servis taparrabos (NIN do Bloque NIN de ANOVA).

6 Comunista

O bocazas de Rubén Pérez definíu como "cretino" a toda persoa que se presente a unhas eleccións para obter grupo propio. No saco de tan desafortunada afrmación non só entraría Anova -como pretendes vender- senón tamén o BnG, o sector maioritario de Podemos-Galiza, o propio partido de Pérez a nivel federal, e supoño que tí mesmo, a non ser que estexas tamén en contra de obter un grupo propio coma o torpe do Rubén.

7 Antonimus

Eu non quero ser "malo", pero Rubén Pérez debería andar calado e non ir descalificando ou insultando a ninguén, máxime cando a súa cualificación política quedou en entredito tralas últimas eleccións: Marea de Vigo nas municipais sacou tres concelleiros e uns 16.000 votos indo el á cabeza e En Marea sacou máis de 55.000 votos e foi a primeira forza política en Vigo, así que non parece o máis adecuado para ir dando leccións