A película da Esmorga estréase este Día das Letras

A TVG vai estrear a longametraxe A Esmorga, dirixida por Ignacio Vilar e baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, o vindeiro martes 17 de maio. Os galegos terán unha oportunidade única de celebrar o Día das Letras Galegas nos seus fogares, redescubrindo ou descubrindo a clásica traxeida do Cibrán, o Bocas e o Milhomes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/05/2016 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O filme foi producido por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e a TVG. Dende Galaxia animan "á sociedade galega, en xeral, e á comunidade educativa, en particular, a sumarse a esta celebración da nosa lingua e a nosa cultura a través dunha feliz alianza entre cinema e literatura".

Protagonistas de A Esmorga, película que conta coa participación da Televisión de Galicia e Editorial Galaxia.
Protagonistas de A Esmorga, película que conta coa participación da Televisión de Galicia e Editorial Galaxia.

A obra está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán "Morris" como Milhomes. Como sucede na novela,  a tama está ambientada na cidade de Ourense de comezos de séculou, cidade onde se rodou e onde trascorre a longuísima e etílica noite de troula dos tres personaxes principais.

En Galicia tivo unha estrea limitada en só 26 salas, con 18 copias distribuídas, e a súa acollida entre o público foi maior da agardada, polo que está considerado un dos filmes revelación do 2014.

Na 20º edición do "Festival du Film Espagnol de Toulouse" celebrado en outubro de 2015, o filme foi gañou o premios de mellor director para Vilar, o premio ao mellor actor ex aquo para “Morrís”, Karra Elejalde e Miguel de Lira, e o premio á mellor fotografía.

Nos Premios Mestre Mateo de 2014, A esmorga obtivo 16 nomeamentos en 13 categorías, conseguindo 6 premios, entre eles mellor actor para Antonio Durán "Morris" pola súa extraordinaria representación do Milhomes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario