Feismo e ostentación

Hai un tempo organizouse en Agromadas unha conferencia sobre a Heráldica en Galicia. É lémbrome do acto pois unha de tantas imaxes que se ven na nosa terra, estes día avivoume o sentido. Sí, unha imaxe que lémbrame, con menos caché, ás contruccións no seu día deixaron os indianos en moitas partes de Galicia.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 16/05/2016

Comparte esta noticia

No transcurso da mentada conferencia contaba o ponente que,  a día de hoxe non había unha norma concreta para acceder a ter títulos e poñer nas fachadas escudos indicadores de ser pertencentes a unha estirpe determinada.  Pois, nestes   tempos  todo iso está un tanto desfasado e superado.  Polo que  ter   na fachada da casa un escudo pudera ser  indicativo de que,   nalgún momento, a vivenda  fora dalgún persoeiro  noble. Pero o de poñelo inventando un,  como acontece con suma frecuencia, parece ser   indicativo de querer sobresaír sobre o común dos mortais. Vamos, dito doutro xeito,  amosar poderío.

E para ilustrar tal cuestión comentaba que uns emigrantes da zona de Carballiño,  despois de traballar moitos anos nun pais europero e gañar os cartiños mercaron unha casa bastante grande nunha das aldeas que hai espalladas pola nosa xeografía. Reparárona o seu xeito e, para deixar pegada de poderío diante os demais veciños e viandantes, puxerónlle un escudo de pedra encastrado na parte principal. O dono que era un tal Gil encargoulle ó canteiro que lle puxera como elemento de distinción as letras Gil e pra enchelo de contido dúas pombas.
Maís o maxin dalgún veciño retranqueiro axiña comentou: que fermoso e  o escudo de “Gil y Pollas” grande e nobre apelido.

Pois ben, despois de ver varias casas con ornamentos esaxerados e diversos espalladas por toda esta terra; ornamentos  feitos por  persoas que, de boa fe, que   ignoran descoñecen o valor da nosa arquitectura  e as nosas formas, así como o encaixe  co medio natural; despois de ver  vivendas cargadas de   elementos extraños e atributos  portentosos e con formas rocambolescas, un conclúe que, nesta terra onde a pedra é un elemento básico para facer o fogar, o feísmo e a esaxeración non existe, ou si existe non hai conciencia do que é. Pois como tal concepto non está instalado na mente dunha grande maioría social. Posiblemente por descoñecemento e por falta de valoración do propio.  Algo semellante tamén pasa nos camposantos onde os despropósitos tamén campán en mausoleos esaxerados de granito artificial e logo ornamentados con letras e flores de plástico.

E que pode indicar isto? Pois  unha ausencia de persoalidade e de estima polo propio que causa certo espanto. Ben sei que tamén hai, e día a día gañan espazo, posturas racionalistas de restaurar,  respectar  e mellorar moitas edificacións  e formas das herdadas; de non perder as raíces como base para modernizarse.  Pero, con todo, o feísmo e sobre todo o querer amosar poderío económico manda e campa nos nosos pobos e aldeas. Conclusión: cando a obstentación de   poderío  soamente se entende por  ter cartos, tal crenza pode levar a que o retranqueiro de turno nos espete  unha frase desas que non gustán. Como o exemplo que nos contou o ponente na conferencia mentada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com