Temas: PREMIOS

Diego Giráldez gaña o primeiro premio de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

Carlos Quiroga e José Antonio Lozano obtiveron o segundo e terceiro premio. Todos os relatos dos gañadores serán publicados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/05/2016 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

O escritor Diego Giráldez fíxose co primeiro premio de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo co relato "Hai patios de luces tristes". Uns premios que tamén compartiu con Carlos Quiroga, que obtivo o segundo premio co relato "O mérito da chuva" e con José Antonio Lozano, que obtivo o terceiro con "A aranha de Sidney".

O escrito Diego Giráldez
O escrito Diego Giráldez | Fonte: laduda.net

Os premios coñecéronse durante a cerimonia celebrada durante o pasado venres no Centro Cívico do Concello de Arteixo. Durante o acto de entrega, que foi comandado polo profesor e escritor Henrique Rabuñal, o novo coordinador do certame, Alfredo Ferreiro, presentou o volume "A garza insomne", que recolle os nove relatos finalistas das  anteriores tres edicións.

O escritor Xavier Alcalá falou en representación da editorial e confirmou o interese da de Galaxia en apoiar os criadores e as criadoras do país dentro e fóra do mesmo, para o que está empeñada na actualidade na súa modernización e internacionalización, especialmente, nos mercados hispanófono e lusófono.

O xurado estivo composto polos escritores Teresa Moure Pereiro (escritora), Marcos Sánchez Calveiro (escritor), Antonio Piñeiro Fernández (gañador da 24ª edición) e Alfredo Ferreiro (coordinador que asistiu como secretario, con voz e sen voto).

O 1º premio está dotado con 4.000 euros e a publicación da obra, mentres que o 2º e o 3º premio, recibirán 500 e 300 euros, respectivamente, ademais da publicación da obra.

O evento contou coa actuación musical do grupo 4 jazz, que interpretou temas con letra de Manuel María así como outros do canon lírico galego, portugués e brasileiro.

Temas: PREMIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta