Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2025 | Actualizada ás 21:39
Membros da sociedade civil e representantes de entidades sociais e partidios políticos constituíron este luns a Plataforma Galega por unha Atención Digna á Dependencia, que nace para loitar contra o "abandono" do sistema por parte das institucións públicas.
Entre os participantes estiveron representantes de Comisións Obreiras e a CIG, de partidos como PsdeG, Sumar Galicia e Esquerda Unida; o Movemento Galego pola Defensa das Pensións e vos Servizos Públicos e a Asociación Galega na Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade (Asgaded); ademais do Colexio Galego de Traballo Social.
Un dos temas principais abordados na reunión foi a valoración conxunta de dependencia e discapacidade, que aseguran que non resolve o problema das listas de espera. E é que unha das participantes era Margarita Prieto, que esta mesma mañá presentou xunto a Francisco Vázquez, un informe da Agaded sobre o impacto da valoración única, que cualificaron de "chapuza".
Consideran que o novo procedemento trata de "disimular" a "nula xestión" das listas de espera, para as que se seguen sen reforzar os equipos de valoración. Entre os problemas que, aseguran, está a deixar esta valoración unificada, está o empeoramento das avaliacións, que xa non se fan presencialmente de forma estandarizada. Isto ademais contradí a lexislación estatal, que recolle que as valoracións deben facer en persoa por norma xeral, co que se xera unha situación de inseguridade xurídica.
A este respecto, insisten en que hai aspectos da dependencia que o facultativo debe "ver en persoa" como é a mobilidade, entre outras. Así mesmo, apuntan que a propia homologación entre dependencia e discapacidade xera "problemas", dado que "non é o mesmo". "Unha persoa pode ter unha discapacidade e non ser dependente, e ao contrario", matizan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.