"O prioritario é desmontar o que outros monten"

A secretaria xeral a sección galega da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), Nuria González, denuncia nesta carta a insistencia dos partidos de nomear a cargos políticos para as distintas areas de xestión da sanidade pública logo de que Jorge Aboal, director xeral de asistencia sanitaria do SERGAS, defendera direccións politizadas dentro dos servizos públicos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/05/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

E así nos vai.....

Marcha en defensa da sanidade pública na Coruña /CIG A manifestación en contra da privatización do SERGAS en Vigo /cig
Marcha en defensa da sanidade pública na Coruña /CIG A manifestación en contra da privatización do SERGAS en Vigo /cig

Cada cambio de cor política, de conselleiro, ou mesmo, polo que se deduce das súas palabras, cada cambio na Dirección Xeral, debe levar aparellado un cambio nas
direccións de todas as xerencias que dirixen os hospitais e os centros de saúde. E é preferible que o xerente descoñeza o hospital, posto que non debería traballar nel.

Defende o Dr. Aboal a lealdade política por encima da lealdade institucional, ou confunde lealdade á institución e lealdade ao partido gobernante de quenda.

Ao parecer é imposible ser leal ao SERGAS e non pertencer ou simpatizar cun partido concreto. Como non podía ser menos, esta postura tamén foi defendida polo representante do PSOE.

Mentres a sociedade demanda manter a nosa Sanidade Pública á marxe da loita política, mentres esixe consensos amplos en Sanidade, Educación e Xustiza, sobre
como entender e defender os alicerces do noso estado de benestar, do noso estado social, os nosos políticos, de calquera cor, déixannos claro que o que entre desfará o
que outro faga.

Que a súa primeira prioridade á hora de utilizar os recursos, escasos, será desmontar o que outros montasen.

A xestión dos servizos sanitarios non se valorará en función da capacidade dos seus xerentes nin doutros resultados que a lealdade ao que manda, sexa o que sexa. E aínda se preguntarán por que a sociedade non confía nos seus políticos.

Coa Sanidade, coa Saúde non se xoga.

Ou non se debería xogar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta