O agroglamour volve a Cans

O Festival desta localidade do Porriño fusiona disciplinas na súa XIII edición con 18 curtAs e 20 concertos, entre eles de Iván Ferreiro e os Diplomáticos de Montealto.

Por Galicia Confidencial | O Porriño | 18/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Cans volve ser, un ano máis, e xa van 13, o centro do cinema galego coa celebración do seu peculiar festival que comeza este 18 e remata o vindeiro 21 de maio. Nesta edición fusionaranse disciplinas como o audiovisual, a música, a danza e a gastronomía  e haberá máis de 20 concertos, entre eles un de Iván Ferreiro.

Festival de Cans 2013 - E Colquhoun
Festival de Cans 2013 - E Colquhoun

A parte das 18 curtametraxes a concurso e a proxección audiovisuais de animación, de 'Retratos de familia', clásicos como 'Miss Lledya' e premiados como 'O Descoñecido', entre as principais novidades deste ano se inclúe que a 'Leira de Alicia' pasa a ter programación continua nos dous días centrais do festival e acolle o 'Espazo Mahou' con actuacións musicais.

Entre estas, cabe destacar o concerto de Iván Ferreiro o venres 20 ás 20,00 horas, se ben o contido musical se amplía a máis de 20 actuacións e 30 horas de música, nas que participarán Os Diplomáticos de Montealto, Novidades Carminha e Óscar D 'Aniello da man do seu novo proxecto musical, Delafé.

Ademais, inaugurarase o 'Jaliñeiro Arena cun espectáculo exclusivo no que Janet Novás e Mercedes Peón unen danza e música, e unha nova sección gastronómica na que haberá unha proxección e prepararase unha tapa 'delicatessen' deseñada para o festival. Igualmente, reforzarase a programación infantil con proxeccións, música, monicreques, talleres e menús infantís.

Finalmente, o festival incluirá de forma transversal na súa programación deste ano actividades vinculadas ao ano Castelao e para implicar os porriñeses, como un desfile de 'chimpíns' polo centro da cidade, a colocación dun 'Dinocan' ante o Concello e exposicións de debuxos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta