Temas: IGREXA ACCIDENTE

Un cura dará unha misa no medio dunha estrada para denunciar o seu mal estado

O acto relixioso terá lugar este domingo 22 de maio en Momán (Xermade), nun punto que divide as provincias da Coruña e Lugo.

Por Galicia Confidencial | Xermade | 19/05/2016 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

A iniciativa do párroco de Momán (Xermade), Luís Ángel Rodríguez Patiño, pode pasar a historia. Tan histórico é o seu xesto que, quizais, haxa quen o imite. E é que o cura decidiu dar a misa do vindeiro domingo no medio dunha estrada para denunciar o seu mal estado e criticar así a falta de mantemento por parte da Xunta e das deputacións de Coruña e Lugo.

Estrada en Momán, Xermade, entre as provincias de Lugo e A Coruña
Estrada en Momán, Xermade, entre as provincias de Lugo e A Coruña

O párroco recorreu a esta iniciativa “ante as grandes fochancas que ten e que provocan accidentes" coma o que sufriu el mesmo fai máis de catro anos e sobre o que foi admitida a trámite a súa demanda contra a Deputación de Lugo. Nesa denuncia xa advertiran da perigosidade para a circulación que supón o mal estado do firme de diferentes viais de titularidade autonómica e provincial que atravesan o municipio.

Por iso, o crego demanda solucións ao Concello de Xermade e á Deputación Provincial de Lugo ante "o gravísimo problema de comunicación que sofre a veciñanza de Momán e explica que "dende fai aproximadamente dous meses a única estrada pola que poden comunicarse de xeito decente é a LU-170 dirección Parga".

Ademais, suliña que unhas boas comunicacións por estrada permitirían o pulo dos pequenos negocios da parroquia e o asentamento doutros. “Pola contra, a día de hoxen a realidade é ben diferente; xa que a LU-P-2204 que une Momán coas Pontes atópase intransitable, cun pequeno tramo de 2 quilómetros en obras que nunca dan rematado e todo o seu percorrido cheo de  fochancas, no quilómetros 14 da LU-P-6513 que comunica Momán con Vilalba, o asfalto case desapareceu resultando totalmente intransitable a calzada e supoñendo un gravísimo perigo para os usuarios”, denuncia.

Unha situación, lembra,  na que tamén se atopa a LU-170 que une Momán con Cabreiros,  e que é unha “eterna promesa electoral de PP e PSOE e  continúa como fai 20 anos: estreita e cun firme moi deficiente".

Temas: IGREXA ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 PUGNAZ

Y el Provisorato, de adorno. El afán de protagonismo de este sacerdote, sus iniciativas estrafalarias, su falta de modestia demostrada una y otra vez, creo que debían hacer intervenir al provisor de la ciudad y Obispado de Lugo para que se le abriese un proceso y se le condenase a hacer ejercicios espirituales en alguna casa de este tipo. Allí tendría que reflexionar sobre el valor de la modestia que debe acompañar a cualquier sacerdote.

1 Pater

Unha boa iniciativa que debería copiar o arcebispo de Santiago nas rúas compostelanas, intransitables polas fochancas, que xa produciron ducias de feridos para satisfacción dos hospitais privados e rotura de rodas para lucro de talleres de reparación e venda de neumáticos.