O PP volve apoiar ao deputado expulsado do PSdeG para tumbar os orzamentos en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, acúsaos de querer “paralizar” o goberno de todos os lucenses.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 19/05/2016 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O PPdeG volveu aliarse, novamente, co deputado independente e expulsado do PSdeG, Manuel Martínez, para tumbar os orzamentos da Deputación de Lugo. Foi logo de que apoiaran unha emenda presentada, precisamente, polo alcalde de Becerreá –a quen o PP denunciou na pasada lexislatura e que agora apoia-- para a retirada dos orzamentos.

O deputado expulsado do PSdeG, Manuel Martínez, vota canda os deputados do PPdeG na Deputación de Lugo en contra dos orzamentos da provincia
O deputado expulsado do PSdeG, Manuel Martínez, vota canda os deputados do PPdeG na Deputación de Lugo en contra dos orzamentos da provincia | Fonte: Deputación de Lugo

Nesta enmenda recollíase "a retirada do documento" dos orzamentos aprobados inicialmente, por un importe de 88 millóns de euros, a que precipitou a caída das contas que saíran adiante no mes de marzo debido á ausencia, entón, do grupo provincial do PP.

Deste modo, os doce deputados populares votaron no mesmo sentido con Martínez, ao igual que o deputado non adscrito avalou tamén as emendas presentadas polo Partido Popular que buscan, segundo a súa voceira, Elena Candia, "establecer mecanismos de control para que o presuposto teña o destino e o fin que o documento recolle". O goberno bipartito, formado por dez deputados do PSOE máis dous do BNG, opúxose a todas as emendas.

Tras a sesión, a popular Candia quixo enredar aínda máis a situación anunciando un novo pleno para a aprobación doutro documento coas reclamacións do seu partido e de Manuel Martínez, que implican  desembolsos millonarios para os concellos gobernados polo PP e polo deputado cuasi tránsfuga, que pide só para Becerreá máis de seis millóns de euros.

Elena Candia precisou que agora o presidente provincial dispón de 15 días para convocar esa sesión extraordinaria, e conta con aprobar os presupostos "mellorados" en case 1,5 millóns coas alegacións da oposición, que suman trece fronte a doce.

Campos condenou que "as ansias de poder desta xente (polo PP e Martínez) nos levou a votar en contra duns presupostos que eran para todos os veciños de Lugo e para todos os concellos, pero as súas ansias de poder e de impoñer o seu criterio nos obrigou a votar a favor da retirada (dos presupostos). Eu creo que quedou demostrado que están a bloquear e paralizar a deputación", afeou.

Durante o pleno volvéronse revivir momentos tensos, mesmo nun en que o presidente da Deputación de Lugo invitou á voceiro popular a que non o "ameazase", mentres que a Martínez lle retirou varias veces a palabra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xaime

Esto aínda non comezou. Que se preparen cun páxaro como Martinez vano pasar moi mal.