Lugo envórcase coa axuda a Siria

A Deputación de Lugo enviou 24 palets de material de primeira necesidade aos campos de refuxiados.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 20/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Lugo colabora cos refuxiados sirios. Ata o momento . Ata o momento con 24 palets de material de primeira necesidade. Así o anunciou o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, con Laura Aldariz, a representante da iniciativa social “Portabebés para Siria” en Lugo.

Unha nai sostén o seu fillo tras unha tormenta que arrasou o campo de refuxiados de Idomeni
Unha nai sostén o seu fillo tras unha tormenta que arrasou o campo de refuxiados de Idomeni | Fonte: Miguel Núñez.

Nos últimos meses esta iniciativa social leva desenvolto numerosos actos destinados a recaudar fondos para axudar na crise humanitaria que están a sufrir as persoas refuxiadas por mor da guerra en Siria. Entre as actividades desenvoltas, destaca a recollida de material de todo tipo (hixiénico, sanitario, escolar, textil etc), coa que conseguiron acadar unha inxente cantidade de material que ao longo dos útimos meses foi sendo depositada nas dependencias do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo, tal e como expresou o seu responsable Xosé Ferreiro, atende “á petición de colaboración que nos pediu a iniciativa social Portabebés para Siria ante o problema co que se atopaban, ao ter logrado xuntar moito material de primeira necesidade fundamental para as persoas refuxiadas, mais non tendo como costear os portes do mesmo para facelo chegar alí onde agora mesmo é moi necesario”.

En total enviáronse 24 palets de material de primeira necesidade e, tal e como explicou  Ferreiro,“ desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo facémonos cargo do pago do envío do material desde o porto de Barcelona ao porto do Pireo, onde será recollido por persoal da administración grega e, unha vez realicen os protocolos oportunos, todo o material será posto a disposición da ONG SOS Refuxiados, quen o distribuirá a diferentes campamentos de refuxiados, en funcións das necesidades” indicou.

Xosé Ferreiro insistiu tamén en sinalar que os representantes públicos “deben estar á altura das circunstancias”, traballando man a man con iniciativas sociais como é o caso de “Portabebés para Siria – Lugo”, e non mirando para outro lado ante circunstancias como esta. Consideramos que é responsabilidade de toda a sociedade, e tamén, por ende, das institucións que a representan, sermos responsábeis e loitar por un mundo máis xusto”, dixo.

Galicia Confidencial ten publicado varias reportaxes do fotoxornalista colaborador do GC Miguel Núñez que estivo no campo de refuxiado de Idomeni para retratar as penalidades que están sufrindo alí as persoas que chegan de Oriente Medio, sobre todo, os nenos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 MarianoRJ

É nestes momentos onde debemos amosar a nosa humanidade.

1 galegoexiliado

Mentras os refuxiados galegos seguen a durmir nas ruas e as Cociñas Económicas están a reventar de usuarios. La Galicia progre ba vien.