O Congreso da UPG confirmará o peche da porta ás mareas

A Unión do Povo Galego (UPG) vai realizar o seu XIV Congreso este domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. A UPG, o partido máis numeroso e organizado dos que quedan integrados no BNG, inisite en que o "único camiño" para o pobo galego é o das organizacións propias .

Por M.V. | Pontevedra | 20/05/2016 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

En principio, non se prevén cambios no rumbo ideolóxico da UPG e, en consecuencia, do Bloque. Así, o partido insistirá en negarse a unha alianza coas mareas, que interpreta como unha aposta errada por darlle prioridade “as cuestións sociais, como algo separado das reivindicacións nacionais”.

Rego no intre de ser elixido líder da UPG no anterior congreso
Rego no intre de ser elixido líder da UPG no anterior congreso | Fonte: cxusto.blogspot.com

En opinión da UPG, a presenza de nacionalistas nas mareas -como ANOVA- non ten influencia dabondo senón “o novo escenario político está condicionado pola presenza de espazos que teñen a esquerda española de referencia fundamental, participados por organizacións galegas, de incidencia decrecente nese ámbito e nunha posición cada vez máis satelizada”.

Cómpre lembrar que as mareas municipalistas abriron outra vez a porta a entrada do Bloque de cara as autonómicas, pois a iniciativa Mareas en Común aprobou dialogar con todos os que queiran botar ao PP.  Tamén o grupo nas Cortes, En Marea, fixo un chamamento ao PSdeG e ao BNG a formar unha mesa común para desaloxar aos conservadores da Xunta.

A UPG critica abertamente ao PP -”executor de políticas antisociais” e que “afonda progresivamente desde o goberno galego no proceso de minorización política da Galiza”- ; pero non parece disposta a alianzas preelectorais para derrotar a Alberto Nuñez Feijóo. O “único camiño” que eles ven para o pobo galego é o de “contar con instrumentos políticos propios e autónomos, sen dependencias externas nin no organizativo nin en canto ás estratexias políticas”.

De cara a organización interna do Bloque, a UPG admite que cómpre “reforzar e perfeccionar” o pluralismo político  da organización. Despois da última Asemblea que elixiu a militante da UPG Ana Pontón como líder, o BNG perdeu voces significativas, como a da maioría dos líderes do colectivo Abrente, máis próximo a socialdemocracia, e algúns alcaldes, como o de Vimianzo. De feito, o único colectivo organizado que queda na fronte, ademais da UPG, é o Movemento Galego ao Socialismo, que foi no seu día unha escisión da propia UPG.

Néstor Rego, actual secretario xeral da UPG
Néstor Rego, actual secretario xeral da UPG | Fonte: Terra e tempo

Ante esta situación, a UPG defende para o Bloque “unha organización plenamente democrática, aberta, asemblear e participativa, que funciona sob o criterio de ‘unha persoa, un voto’”. A demanda dos críticos de que no Bloque participen individuos non organizados en partidos, polo de agora non ten eco na formación que dirixe Néstor Rego. No BNG entenden que cómpre incorporar "intereses sociais e posicións ideolóxicas diferentes" que coincidan sempre na necesidade de lograr a "liberdade da nosa Nación".

A nivel de nomes, salvo sorpresa de última hora, Néstor Rego continuará a fronte do partido marxista. O ex-concelleiro de Santiago tomou o relevo hai catro anos do histórico Francisco Rodríguez. 

Bautista Álvarez, nun congreso da UPG
Bautista Álvarez, nun congreso da UPG | Fonte: Terra e Tempo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

23 Sabio Parracho

Parece un Congreso da CIG, non hay mais que liberados e empregados dese sindicato

22 Antinostrus

Aguardo que o noso Bautista presente unha enmenda á totalidade contra da "Mariconeria" imperante no nacionalismo galiciano mais "chic (e que sexa "per saecula saeculorum").....Trema Jorquera!!!!!!. E que viva GALIZA CEIBE de Podemeiros Invasores e Cipaios Efepegaianos.....Nepótico Ferrín, a ver cando lle pagas os Stens a Porkyché!!!!!!!....... pois que os nosos impostos non merecen tal afrenta.

21 Balbino

Que grande é este diario dixital, toma por bobos os seus lectores como a prensa rancia española, nom escribe noticias senon manipulacions intencionadas. Tira de fotos de archivo para manipular, enfoca a noticia por donde lles convén e salientan e reiteran datos nom de todo certos para dar unha visión manipulada, pero bueno igual que La Razón ou ABC os seus lectores creo que nom pasan dos titulares manipulados.

20 Balbino Fernández

Unha parella da UPG de Lugo, que repetidamente ocupou listas e cargos públicos, tamén traballou para o aparato (faltaria máis sendo da U), e moveu fios de chiringos paralelos (outra especialidade da casa da U), levou as suas fillas a un colexio relixioso do centro da cidade. E non, non eram devotos nin rabo de gaita, nin batizadas estaban. Igual que o Ferreiro, que lles fala os fillos en castelán. En resume: no BNG e nas Mareas os trepas e impostores son os que acaparan os cargos.

19 Yo protesto el documental

Ciudadanos descorchando o champagne