O BNG arrinca a súa precampaña electoral esta fin de semana

Incorporará no traballo electoral aos responsables municipais, entre eles o alcalde de Allariz, ou ao concelleiro de Pontevedra, Luís Bará.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/05/2016 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O BNG dá por comezada a precampaña electoral este sábado coa incorporación de nomes como o alcalde de Allariz, Francisco García, ou ao concelleiro de Pontevedra, Luís Bará.

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: MGS Twitter

Os nacionalista deciden a folla de ruta no Consello Nacional deste sábado, aínda que a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, xa proclamou que os responsables municipais "van xogar un papel moi destacado como carta de presentación do traballo e do proxecto que representa o BNG por todo o país" e "terán tamén unha importante presenza nas listas".

Ademais, suliñou que a formación nacionalista encara o período electoral "co obxectivo de devolverlle a Galicia unha voz propia no Congreso, tras estar desaparecida durante os meses de paripé electoral das autodenominadas forzas do cambio".

"Un feito do que tomaron nota moitos galegos e terán que ter en conta á hora de depositar o seu voto", asegurou Pontón, quen afirmou que "se o BNG está, Galicia está". "Para nós é fundamental que Galicia teña unha voz forte que defenda aos galegos e un cambio nas políticas que están a arrasar co país", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 A Tahona

Onde arrinca. no Congreso da UPG?

1 eusi

Xente as leiras!!!! Van arrasar...

1 John McNamara

Non, non van arrasar, mais Galiza non se vende, como fan outros. Polo menos son máis coerentes que outros.

2 Do Dezas

Di que si, En Lalín temos moitos vendidos, empezando polo alcalde, que se vende á versión local de Podemos para poder seguir na poltrona

3 FUN_EU

Home, para arrasar estades vós...Non vedes que bonita está Galiza, que empuxe industrial, que fonte de cultura, que ben vai o pilinguismo, que cantidade de novos proxectos para noso país, etc. dende que facedes o caldo para o PPSOE? O voso foi un arrase.