Temas: XORNALISMO CPXG

Paco González Sarria, novo decano do Colexio de Xornalistas

Sarria critica no seu discurso a "precarización" na que viven os xornalistas. A nova Xunta do CPXG compétase con Xosé Manuel Pereiro como vicedecano, Darío Janeiro como tesoureiro e Darío Janeiro como secretario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/05/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A nova Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), encabezada por Paco González Sarria como novo decano, tomou posesión este sábado nun acto celebrado en Santiago.

Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro
Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro | Fonte: CPXG

"Acumulamos colexiados en paro e baixas na profesión como se fosen partes de guerra, e os compañeiros que sobreviven son vítimas dunha precarización que, afectando ós salarios, afecta gravemente á calidade das informacións que saen das redaccións",dixo Sarria nun discurso no que lamentou a paisaxe "desoladora" deixada pola crise nos medios.

Con todo, destacou que "afortunadamente segue a haber moitos compañeiros e compañeiras que cada día erguen a bandeira da verdade". Unha situación que deixa espazo ao optimismo porque "o traballo dos xornalistas segue sacando á luz ese lixo que incomoda tanto ó poder, e se non houbera quen resiste dende este lado a manipulación, non tería razón de ser a nosa profesión".

Paco González Sarria naceu en Puente de Domingo Flórez (León) en 1962. Comezou a súa longa carreira xornalística na desaparecida Ondas Galicia en Ourense. Posteriormente, foi xefe de informativos en COPE-Ourense e delegado da TVG nesa provincia.  Exerceu tamén labores de redactor e correspondente en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Cadena Rato, Agencia EFE, El País e colaborou con medios como Público. En 1991 puxo en marcha o proxecto radiofónico Radio Miño, vencellado a Onda Cero. Actualmente é coordinador de redacción e contidos en Onda Cero-Ourense. É vogal da Xunta de Goberno do CPXG dende a súa fundación.

A nova Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno encabezada por Paco Sarria vai ter como vicedecano ao decano saínte, Xosé Manuel Pereiro Sánchez, como secretario a Darío Janeiro Pereira e como tesoureiro a Manuel Vázquez Sola.

Marta Rodríguez Álvarez, Belén Regueira Leal, Abelardo Vázquez Pita, Natalia Sequeiro Sixto, Aida Pena Meis, Tania Fernández Lombao, Jaime Conde Guillade e Mónica Vidal Martínez, como vogais, completan a nova Xunta de Goberno.

A lista inclúe a Xan Codesido, Sonia Vizoso Pérez, Isabel Quintairos Blanco, Fernando Varela Bibián e Gonzalo Cortizo Castromil en calidade da suplentes.

Temas: XORNALISMO CPXG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta