O PP xa ve a Méndez Romeu como candidato do PSdeG á Xunta polo apoio dos baróns

Leiceaga avoga pola "integración" no PSdeG e lamenta as críticas do seu opoñente, que ve"impropias" dun compañeiro e máis propias de "Feijóo ou de Rajoy".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/05/2016 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A dirección do PPdeG dá por feito que o actual voceiro do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, será o vindeiro candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta. Un posto ao que chegará, di, polo apoio dos baróns deste partido en Galicia, entre eles, o alcalde Abel Caballero.

José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG
José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG | Fonte: cadenaser.com

Neste sentido, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que as primarias do PSdeG "se converteron nun reality televisivo" e cargou contra o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao que acusou de "buscar un coruñés dende o seu localismo exacerbado para que protagonice o peor resultado do PSdeG nunhas autonómicas".

Ademais, criticou que José Luis Méndez Romeu se referise ao acordo alcanzado entre o seu opoñente Xaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero como "un pacto de perdedores" ao considerar que os socialistas son "os principais instigadores" dese tipo de acordos ao favorecr os gobernos das mareas.

"Os pactos de perdedores son os que o PSOE leva promovendo en Galicia e no conxunto de España para evitar que gobernen os que gañan. Sorprende que Méndez Romeu reivindique para o seu partido o que non dan ás institucións", dixo o número dous dos populares galegos nunha clara alusión á posibilidade dun gran pacto entre PP e PSOE.

Críticas de Leiceaga

Pola súa banda, o outro candidato ás primarias que o PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, reiterou a súa aposta pola "integración" para "fortalecer" a formación en Galicia e lamentou as críticas formuladas sobre a súa candidatura por parte de Méndez Romeu, que vai "impropias" dun compañeiro.

Así se pronunciou este sábado durante a súa visita á localidade coruñesa de Rianxo (A Coruña), onde asegurou que "escoitar argumentos propios de Feijóo ou de Rajoy é impropio dun compañeiro". "A democracia é diálogo e acordo, e máis aínda se é entre compañeiros", manifestou.

Fronte a iso, subliñou que unha "fortaleza clara" da súa candidatura é "ser capaz de sumar e integrar" ao considerar que "o diálogo e a capacidade de entendemento" son valores "fundamentais na política". Aludía deste xeito ao pacto acadado con Gonzalo Caballero para integrar as dúas candidaturas, unha posibilidade que xa adiantou Galicia Confidencial hai máis dunha semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Sesese

Parabens a mendez, xa so mereceo pola sua labor de portavoz no parlamento galego . E por riba escoitando os problemas da clase obreira, cousa que non faI a "nova politica"

3 Marulandia

Leicega, será el ganador, vamos a comparar con el "ilustrado" Romeu, avalado por los Barones, pero ¿quienes son estos Barones?, pués unos aprovechados de la política que coparon todas las poltronas posibles..... Romeu y barones=PP.

2 Saltimbanco

Infelizmente o Xocas nom tem a mais mínima possibilidade: é homem, baixo e careca :(

1 Soledad

Outra vaca no millo!!!