Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/05/2025 | Actualizada ás 12:00
Os Xogos Deportivos de Sportur Galicia acolleron en Expourense do 22 ao 24 de maio a máis de 4.000 deportistas de todas as idades con e sen diversidade funcional. "A excelente acollida por parte das federacións deportivas e do público leva xa a pensar na segunda edición destes xogos en maio de 2026", comentan dende a xerencia.
Máis alá da instalación da pista de atletismo cuberta entre os meses de decembro e marzo, Expourense posiciónase así como un dos grandes espazos deportivos a ter en conta á hora de organizar copas e campionatos a nivel autonómico ou nacional, xa que o pavillón central do recinto, de 8.000 metros cadrados sen columnas, permite a instalación de distintos tipos de canchas para practicar, como se puido ver nestes Xogos Deportivos, unha vintena de deportes. Os que se practicaron nesta edición foron: Atletismo; Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima Clásica; Fitness; Fútbol; Hockey; Karate; Pickleball; Piragüismo; Remo Indoor; Roller cross; Taekwondo; Tai-chi; Tenis; Voleibol; Wushu; Xadrez e Ximnasia.
AS XORNADAS DEPORTIVAS
Nas dúas primeiras xornadas contouse coa visita e participación activa de escolares de Primaria e Secundaria de distintos centros educativos da provincia de Ourense, mentres que o sábado 24 foi o día dedicado ás competicións provinciais de todas as categorías nas que participaron dende escolares de curta idade ata o grupo de veteranos do cachibol. Pola tarde foi unha xornada adicada a recoller medallas e trofeos e pudieron verse podios de balonmá, roller cross, xadrez ou wushu, entre outros. Onte sábado desputáronse as Copas Deputación de Ourense de Balonman, Pickeball, Remo Indoor, Pequevolei e Roller cross.
O evento estivo organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.
MÁIS ACTIVIDADE EN EXPOURENSE
Expourense rematará o mes de maio coa presentación da súa Memoria de Actividades correspondente ao ano 2024 (mércores 28 de maio ás 10.00 h.) e a celebración do XVIII Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que terá lugar o xoves 29 en sesión e mañá.
Xa na primeira semana de xuño, Expourense rematará o calendario feiral relativo ao primeiro semestre coa celebración, os días 2 e 3, da undécima edición de Ourense Vinis Terrae, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.