Galicia segue sendo destino turístico de baixo custe

Descende o turismo de hotel en Galicia un 5,5%, mentres que sobe no conxunto do Estado. A estanza media foi de 1,75 días, tamén por debaixo dos máis de 3 días de estanza de media española, a pesar de que os prezos son máis baixos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/05/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia segue sendo destino turístico 'low cost'. A pesar do aumento de peregrinos, os turistas hospedados en hoteis en Galicia baixaron un 5,5% o pasado mes de abril, unha baixada que coincide coa pequena suba experimentada durante marzo, precisamente, pola coincidencia neste mes da Semana Santa.

Un peregrino ás portas de Santiago de Compostela
Un peregrino ás portas de Santiago de Compostela | Fonte: DUVI.

Deste xeito, os turistas hospedados en hoteis galegos alcanzaron os 280.355, máis de 16.000 por debaixo dos rexistrados hai un ano, segundo os datos feitos públicos este luns polo Instituto Nacional de Estatística.

En canto ás pernoctacións, os hoteis galegos rexistraron 491.565 no cuarto mes do ano, o que supón un 8,14% menos que no mesmo período do ano pasado.

En canto ao tipo de viaxeiros, a maior parte --199.127-- eran de procedencia española, mentres que 81.227 eran estranxeiros. A estanza media foi de 1,75 días, por debaixo dos máis de 3 días de media nacional.

Os 1.535 establecementos hoteleiros abertos en Galicia tiveron durante o mes de abril un grao de ocupación do 26,46% das súas prazas --32 por cento en fin de semana-- e do 32,37% dos seus cuartos.

En canto aos prezos medios, a estatística do INE recolle que os hoteis galegos diminuíron os seus prezos en 1,8 puntos en abril, mentres que a media nacional foi un crecemento de 2,9 puntos.

Do mesmo xeito, a rendibilidade por cuarto dispoñible situouse nos 15,6 euros --un 5,4 por cento menos-- e a rendibilidade por cuarto ocupado nos 49,6 euros --un 3,7 por cento menos--.

Pola súa banda, os hoteis españois rexistraron 23,3 millóns de pernoctacións o pasado mes de abril, o que supón un 1,3% máis que no mesmo mes de 2015. Durante o primeiro cuatrimestre, as pernoctacións en establecementos hoteleiros aumentaron un 9,3% respecto ao mesmo período de 2015.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Rianjo

Consecuencia da imaxe cutre e fanática de Galicia creada polo nacionalismo galego e pirados como Beiras, en lugares tan emblemáticos como a Praza da Quintana cada 25 de xullo. Sen esquecer que certos grupos nacionalistas manifestáronse repetidamente contra o turismo. Este é o resultado de tanta barbarie analfabeta.

1 como está o país

chegas a ser un pouco máis parv0 e che mete unha sanción a subdelegacion dogaverno

1 A culpa é de Venezuela

É o que ten facer da inimitable costa galega, Barreiros e Sangineses. E da Galiza interior unha granxa de ENCE, que moi mal se leva cun turismo de calidade. Escarallar Galiza con políticas coloniais, para logo estar en bancarrota unha debeda impagable que supera o PIB...mais falemos de Venezuela. Facendo de cipaios do imperialismo ianqui-sionista a percura de facerse coas riquezas naturais do seu "patrio trasero."Para non excederse co tema, e ter entretido o persoal, de cando en vez furbó, e os pallasos da tele con coleta.