Presentan o Protocolo internacional de garantía dos dereitos lingüísticos

O documento será a continuación da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e estase a desenvolver no marco de Donostia 2016- Capitalidade Europea da Cultura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/05/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Salón de actos da Faculdade de Filosofía da USC acollerá este martes o acto de presentación en Galicia do Protocolo internacional para a garantía de dereitos lingüísticos, organizado conxuntamente pola Universidade de Santiago e A Mesa pola Normalización Lingüística.

Acto para o cumprimento da Carta Europea das Linguas e a derrogación do decreto contra o galego
Acto para o cumprimento da Carta Europea das Linguas e a derrogación do decreto contra o galego

O protocolo de dereitos lingüísticos é un documento que parte da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e avoga pola igualdade entre as diferentes linguas e polo desenvolvemento das que están en situación de desvantaxe. Está promovido por Kontseilua, Donostia 2016, PEN internacional, ELEN, CIEMEN, LinguaPax, UNPO, ECMI.

Este documento será elaborado grazas ás contribucións dos axentes sociais e ás recomendacións dun Comité Científico e definirá as condicións mínimas necesarias para garantir os dereitos lingüísticos do conxunto da cidadanía. As conclusións do proceso de elaboración serán presentadas en Donostia no mes de decembro de 2016, no marco da Capitalidade Europea da Cultura, segundo informa A Mesa.

Pola mañá, ás 10.30, Paul Bilbao, representante de Donostia 12016 e secretario xeral de Kontseilua será recibido polo Reitor da Universidade de Santiago no Pazo de San Xerome, a quen lle presentará as principais liñas do protocolo.

O acto, que se desenvolverá ás 17.30 na Faculdade de Filosofía é aberto, mais están convidadas de xeito especial entidades sociais para que coñezan o proxecto, o seu desenvolvemento e a posibilidade de achegaren as súas aportacións.

Contará coa presenza de Paul Bilbao (Secretario Xeral de Kontseilua- consello de entidades do eúscaro- e representante de Donostia 2016), María do Pilar García Negro (profesora da UdC e membro do comité científico internacional), María do Carme Silva (Vicerreitora da USC) e Marcos Maceira (presidente da Mesa).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Nexus 6

Un seiscientos no es igual a un Mercedes. Es posible que, bajo ciertas circunstancias y en función de determinados intereses o prioridades, prefiera viajar en el seiscientos, pero a nadie se le ocurre que, para salvaguardar su producción o porque se fabrique en mi país, me obliguen a comprar uno o a viajar en él. Las políticas de normalización y/o la inmersión lingüística son bienvenidas siempre y cuando no obliguen al uso activo de una lengua o se lleven adelante desde la voluntad individual. La discriminación positiva, para las personas y sus derechos; para los objetos (la lengua lo es) políticas de promoción que respeten la libre adhesión a las mismas y respeten al máximo la libertad individual.

1 BreicoBreico

Concordo con parte dese comentario. Eu, como galeguista no plano cultural e nacionalista no plano político, tamén defendo a normalización lingüística do galego dende a libre adscrición de cada individuo ao uso dunha lingua ou outra (galego ou castelán), e garantindo que nunca ningún cidadán poida ver impedido ou seu dereito ao uso de unha lingua ou outra en calquer ámbito da súa vida. De todas formas, paréceme bastante inadecuado falar de Mercedes ou de Seiscentos en términos comparativos. De todas formas, grazas por esa parte do teu comentario que manifesta que eres a proba de un castelánfalante respectuoso coa normalización lingüística do galego nun plano de liberdade lingüística.

2 teutonio

Comparar linguas con produtos é ridículo.. limitamos a importancia das linguas ao valor que teñen no mercado.. así nos vai. Breico, a normalización lingüística do galego tamén busca iso, a liberdade, que a xente poida escoller con liberdade falar galego máis aló dos ambientes ou actividades nos que é aceptado socialmente, que estas persoas non teñan medo a ser marcadas negativamente por empregalo en Pull&Bear, nunha entrevista de traballo ou no instituto, que non se vexan obrigadas a mudar de lingua porque non as entenden na administración ou nun comercio, ou que poidan ter a liberdade de escoller produtos ou servizos nunha ou noutra lingua. E iso so se logra con políticas lingüísticas ambiciosas e moita pedagoxía

3 BreicoBreico

teutonio, non estou dicindo nada distinto do que dis ti. É máis, xa fixen constar o inadecuado da comparación feita por Nexus 6. Efectivamente, existen imposicións fácticas en diversos ámbitos da sociedade que impiden a continuidade e o nacemento de galegofalantes dun xeito natural: moitos fillos de galegofalantes acaban falando castelán pola presión social e por culpa de prexuízos que hai que desterrar dunha vez por todas. E para iso a ferramenta básica é a normalización lingüística. Pero esa normalización deberá ser respectuosa coas liberdades individuais de todos nós, respectando tamén os dereitos dos castelanfalantes. Por suposto que precisamos máis pedagoxía en cultura lingüística, e na valorización do noso idioma propio. Simplemente me pareceron salientables as afirmacións feitas por un castelanfalante a prol da normalización e inmersión lingüística (e creo que pensan igual a maioría de castelanfalantes). Para trolls irracionales xa esta nostrus

3 nostrus

¿Quera esto decir que los niños tienen derecho a estudiar en la lengua oficial que elijan?

2 nostrus

Si a Mesa pola Imposicion Lingüistica anda nestos saraos nada bon pode sair. Si ao parecer pretenden axudar as que se atopan en situacion de desvantaxe, quere esto dicir que se promocionará o latin. ¿Porase unha cantidade minima de falantes en latin?, ¿a quen lle tocará falar latin, inda que non queira, polo ben do latin?.

1 MiñaNaiñadoCarme

nostrus, ojalá alguien de tu entorno familiar te pueda hacer ver que necesitas algún tipo de ayuda, porque las paridas que eres capaz de decir no tienen parangón.

1 yjgi

Pero no véis que habla gallego todo el que quiere y todos hablamos español? Qué más derechos queréis hombre?

1 Bobalicum

que dejes de decir estupideces, si es posible, porque con este tipo de mentalidades autodestructivas como la tuya vamos a acabar hablando todos mandarín o urdu. Reclamo ese derecho: a que leas un poco antes de soltar sandeces