Temas: MAREAS EN MAREA

As mareas locais barallan unha Xunta con varios vicepresidentes

Partido instrumental, varias vicepresidencias na estrutura do goberno e primarias con dereito a voto por parte dos maiores de 16 anos. Estas son algunhas das claves dunha das propostas que serán sometidas a votación nas Mareas en Común, a iniciativa municipalista para as eleccións autonómicas.

Por E.P. | Santiago | 23/05/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Un dos equipos redactores dos textos que se someten a debate na asemblea de Mareas en Común -o ámbito no que participan as mareas municipais- deseñou, no documento relativo á forma de goberno, unha estrutura sobre a que se debería basear un futuro goberno da Xunta, na que apostan por "horizontalidad" e que o presidente ou presidenta "non sexa a única cabeza visible". "A súa actuación promoverá o traballo cooperativo e procurará garantir a horizontalidade", apunta.

Mesas de traballo na reunión das mareas en Bertamiráns, Ames. Mesas de traballo  na reunión das mareas en Bertamiráns, Ames.
Mesas de traballo na reunión das mareas en Bertamiráns, Ames. Mesas de traballo na reunión das mareas en Bertamiráns, Ames.

 Esta proposta asínana nomes relevantes da Marea Atlántica, xunto con persoas procedentes dalgunhas das principais mareas (Ourense, Pontevedra, Cangas, Sada e A Pobra), e, como fórmula para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo outono, aposta de forma clara por "un partido instrumental", unha das cuestións que motivou a discrepancia entre os socios de En Marea para as xerais do 26 de xuño, xa que só Anova apostaba por esta fórmula xurídica (fronte a Podemos e a Esquerda Unida).

 O documento, ao que tivo acceso Europa Press, e que asinan nomes como Daniel Rodríguez Cao e Iago Martínez (por A Coruña, xefe do gabiente do Concello), Cruz Villaverde (Pontevedra) ou Daniel Alejandro Calvete Suárez (Sada), entre outros, defende un deseño da estrutura da Xunta que tenda á "horizontalidade" e que as decisións "se"tomen preferentemente por consenso. Así, a estrutura deberá estar proposta polo grupo parlamentario, a iniciativa do presidente e referendada pola asemblea xeral (ou órgano equivalente) e debería organizarse en dous niveis: "consellerías executivas e áreas transversais con rango de vicepresidencia".

 En canto aos acordos de goberno ou para apoiar un executivo, divídese en dúas posibilidades: se existe a oportunidade de dirixir a Xunta, os posibles socios deberán aceptar o código ético co que se presentan; se non se pode liderar en exclusiva o goberno, é preciso un compromiso de "abandonar as actuais políticas antisociais".

 Así mesmo, tamén recolle que a proposición dun pacto de goberno debe partir dunha comisión designada pro a asemblea xeral ou órgano equivalente, no que estarán integradas as persoas electas nas urnas.

Reunión de Mareas en Común en Bertamiráns  Reunión de Mareas en Común en Bertamiráns
Reunión de Mareas en Común en Bertamiráns Reunión de Mareas en Común en Bertamiráns

 O texto que propón o equipo redactor denominado 'Municipalismo en común' aposta por liderados colexiados e un deseño horizontal do grupo parlamentario. Tamén este esquema se repite para un eventual Goberno da Xunta, que "sería escollido polo grupo parlamentario a proposta do cabeza de lista e necesitaría o referendo da asemblea xeral ou órgano equivalente".

Primarias

 En canto ao documento para primarias que tamén presentou este equipo redactor, inclúese como sería o desenvolvemento das eleccións internas: posibilidade de participar con dereito a voto a partir de 16 anos e censo pechado 30 días antes do inicio das votacións.

 A proposta é que o cabeza de lista para a Xunta non pode optar a outro posto na candidatura e que teña que solicitar apoios en distintos concellos e provincias do país. Para poder presentarse, segundo esta proposta, é necesario declarar por escrito os cargos que ocupa en organizacións políticas ou sindicais e comprometerse a abandonalos no caso de resultar elixida.

 Para poder concorrer, ademais, non se poderá ser cargo electo nalgunha outra institución pública distinta á do Parlamento de Galicia, é dicir, quedarían excluídos os alcaldes (ou concelleiros actuais) das mareas, polo menos, se mantivesen esta condición.

 O equipo redactor tamén elaborou unha proposta de código ético, con compromisos para establecer topes salariais, a posibilidade de revogar os postos, e un límite de oito anos para ocupar cargos públicos; e unha proposta organizativa interna, na que se aposta por establecer un plenario e unha expansión territorial atendendo ás articulación da propia Galicia.

20 propostas

 En total conformáronse dez equipos redactores que elaboraron 20 documentos para debater no marco do proceso aberto por Mareas en común. Ademais de Municipalismo en común, outros dous equipos -Mareantes do Sul e A Marea do Pobo- presentaron catro documentos para as outras tantas áreas delimitadas: organización interna, primarias, código ético e goberno.

 A área temática con maior número de documentos, que agora poderán transaccionarse entre si (tratar de chegar a un texto de consenso entre todos), foi a de primarias, que sumou sete propostas. A de organización interna conta con catro, ao igual que a de goberno.

 O pasado 7 de maio celebrouse unha asemblea na que se acordaron os formularios para presentación de propostas para as catro áreas traballo, se ben a decisión final sobre estas cuestións se tomará na seguinte etapa do proceso chamado Marea Viva e que se celebrará o fin de semana do 4 e 5 de xuño, xusto antes de arrancar a campaña electoral.

Temas: MAREAS EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

14 Gamela

Hoxe Austria librouse da extremadereita por un puñado de votos (30.000) e aquí temos case dous millóns de votantes fóra da casa que só poden solicitar o voto rogado... Igual era boa cousa ter observadores de Nacións Unidas na noite electoral metendo o nariz nos números do ministro do Interior... (?) https://www.change.org/p/a-unidos-p...

1 Gamela

e para min non hai unha vicepresidencia...?

13 Non vos lancedes

As mareas locais que son os locais os locals para decidir nada. Aqui mandan xa nin sequera as cupulas senon Podemos a ver se necesitades sonotone como o vello. Todo o mundo quere repartirse os carguiños antes de telos. Un pouco de por favor

12 Gallego

O caos.Con este tipo de ocorrencias o PP volve sacar maioría absoluta.

11 Unitario

Dez vicepresidencias como mínimo: Anova, EU, Podemos-Carmen, Podemos-Resto, Cerna, BNG, Abrente, PSOE-Xocas, PSOE-Méndez, Abrente, FPG, Causa Galiza, CIG, Queremos Ghallegho, Carmiña e Consuelo, Ferrolen Común, Lugo Novo... Xa me canso

10 Ana

Que modelno iso de apoio de concellos e provincias! Sabido é que concellos e provincias son estruturas caciquís, artificiais que non responden á realidade territorial e social, que lles encantan aos vellos políticos do sistema. Pois as Mareas tamén!!! E non me contedes que o BNG bla, bla, bla... que o BNG é sistema tamén, e traicionou o discurso das irmandades e do nacionalismo histórico defendendo concellos e provincias. Igual de vendidos, ao PPsoEspañol, BNG e Mareas!!!