Unha carreira de obstáculos moi especial

ENKI é un proxecto social para a integración e visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional. Este domingo lanza unha carreira lúdica de obstáculos, aberta á participación de todos os públicos, idades, con ou sen diversidade funcional.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 24/05/2016 | Actualizada ás 08:55

Comparte esta noticia

Serán 2,5 quilómetros de obstáculos, probas, xogos de colaboración e sobre todo moita diversión. Así, o gañador non será o máis rápido, senón o equipo máis divertido, mellor disfrazado ou o máis numeroso.

Rapaz disfrazado nunha carreira solidaria
Rapaz disfrazado nunha carreira solidaria | Fonte: enkiproyecto

Unha festa a favor da inclusión

O 100% dos fondos recadados serán destinados a favor dos colectivos que loitan por e para a defensa das persoas con discapacidade e a súa integración a través da práctica de  ctividades deportivas.

Para participar na carreira organizada pola Fundación Abrente cómpre inscribirse a través de Atquilla.com, pagando unha cuota de cinco euros. A actividade comeza este domingo 29 de maio a partir das 11 da mañá. 

Velaquí o vídeo da pasada edición na Coruña:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta