Temas: FANDICOSTA ERE

A Xunta dará axudas para EREs suspensivos como o de Fandicosta

Aportará un empréstito participativo de 3 millóns de euros para paliar a necesidade de circulante da empresa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia implementará  unha liña de axudas, en concorrencia competitiva, ás que poderán optar aquelas empresas, como Fandicosta, que se viron obrigadas a aplicar Expedientes de Regulación de Emprego suspensivos "por causa de forza maior".

Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

Así o confirmou este martes o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a preguntas dos medios sobre os contactos coa dirección de Fandicosta e as eventuais axudas á empresa, tras o incendio que destruíu parte das súas instalacións en Moaña (Pontevedra).

Conde avanzou que o goberno galego está a elaborar a orde para que se poida aprobar e publicar, nas próximas semanas, esa liña de axudas (da que se descoñece a contía pero que serán con cargo ao superávit).   Trataríase de axudas para complementar o salario dos traballadores afectados pola regulación, de maneira que poidan manter o seu poder adquisitivo, e faríanse efectivas ao tempo que se aplique o ERE. A contía dependerá da súa base de cotización e permitirá recuperar entre o 80 e o 90 por cento do salario, segundo explicou o conselleiro.

Á marxe desta liña de axudas, ás que pode optar Fandicosta, o titular de Economía confirmou que XesGalicia aprobou outorgar á empresa de conxelados un empréstito participativo de 3 millóns de euros para paliar a súa necesidade de circulante e contribuír a que retome a súa actividade o antes posible.

Temas: FANDICOSTA ERE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta