Problemas de avais no PSdeG

Un ex deputado critica que firmaron por el para avalar un candidato que el non apoiaba. Mar Barcón anuncia unha investigación, pero, pouco despois, o responsable da sinatura falsa, desculpábase.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/05/2016 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A tensión que se vive no PSdeG pola celebración das Primarias para a elección do vindeiro candidato á Xunta é máxima. Tanta, que xa hai rumores de falsificacións de avais. Uns rumores que saltaron na mañá deste mércores e que, pouco despois, eran aclarados.

Ricardo García Mira, ex deputado do PSdeG da Coruña con Patxi Lopez
Ricardo García Mira, ex deputado do PSdeG da Coruña con Patxi Lopez | Fonte: FB

Así, o ex deputado no Congreso pola Coruña, Ricardo García Mira, publicaba nas súas redes sociais un comentario no que criticaba que alguén asinara por el como avalista dun candidato que non era o seu o que invalidaba o seu aval ao apoiar el a outro dos candidatos. “Estas prácticas resultan ben desagradables e flaco favor lle fan aos candidatos e mais ao proceso no seu conxunto”, escribía no seu Facebook. Un comentario que retiraría con posterioridade.

Pouco despois era a responsable da agrupación socialista da Coruña, da que é membro García Mira, Mar Barcón, a que tamén publicaba outro comentario nas redes sociais. Anunciaba que acababa de remitir un correo á Comisión de Garantías do PSdeG para investigar a suposta usurpación de identidades e aclarar o feito. Un correo que tamén remitiu aos dous candidatos e aos seus representantes legais.

Desde luego es intolerable y como secretaria xeral de la Agrupación Socialista Coruñesa no puedo ni quiero dejar pasar la mínima sombra sobre un proceso que debería hacernos sentir a todos orgullosos y que no puede verse empañado por este tipo de actuaciones”, salientaba Barcón.

Ricardo García Mira aclaraba máis tarde a Galicia Confidencial que xa se solucionara o enredo e que un militante o chamara para pedirlle desculpas porque firmara por el pensando que avalaba ao candidato Méndez Romeu. “Non lle quero dar máis importancia, aínda que esas prácticas non se deben facer”, apuntaba.

Comentario do socialista Ricardo García nas redes sociais
Comentario do socialista Ricardo García nas redes sociais

“As eleccións son difíciles, sobre todo, cando hai candidatos como Leiceaga, Méndez Romeu ou Caballero. Pero cando un avala un candidato só pode avalar a un”, engadía ao quitarlle transcendencia ao acontecido.

Ademais, e a pesar das críticas, destacaba que a súa posición como deputado “é igual que a de calquera outro afiliado” e que, a pesar de que apoie a Xaquín Fernández Leiceaga neste proceso, o seu candidato a Xunta será “o que o partido e os afiliados decidan”. 

Comentario de Mar Barcón nas redes sociais
Comentario de Mar Barcón nas redes sociais
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 7KsQ@

¡Para que tanto viajar a Venezuela!!11Lo sucedido es absolutamente inaceptable, es de esperar que el equipo del Sr. Leiceaga, tome buena cuenta de estos pájaros que andan sueltos y tienen mucho pero que mucho morro, impresentables!!.

2 pandilla

O que está claro é que os socialistas de corazón e boa vontade que os hai teñen a obriga moral de reconsiderar o seu voto.... senon serán cómplices de manter este grupo de impresentables que o único que queren é un sillón para seguir mantendo a súa vidorra e non facer ren polo ben común. Casta de plts¡¡

1 comunista independentista

Algún troll do Bloque vai vir ladrar nesta entrada? Coido que non, o can nunca ladra o amo, e a UPG-MGS nunca morderá da man que lles dá de comer: o rexime montado por Pp-PsoE. "O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra aos pobres que van polos camiños". ADR Castelao. Ese é o Bloque, o can do sistema contra a Marea.