Temas: FEIJóO

Feijóo marcha de viaxe oficial a Cuba

O congreso das asociacións de emigrantes e un foro empresarial son os argumentos da Xunta para esta visita, que chega en plena precampaña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, iniciará mañá xoves a súa segunda visita institucional a Cuba coa prioridade, segundo a Xunta, de "reforzar as comunidades galegas no exterior e trasladar ao pobo cubano que Galicia quere formar parte do proceso de actualización económica que está a vivir o país, como xa lle trasladou na súa anterior visita en 2013".

Raul Castro recibe a Nuñez Feijóo
Raul Castro recibe a Nuñez Feijóo

O Goberno asegura que "o principal motivo da viaxe do titular da Xunta " é a celebración do undécimo plenario do Consello das Comunidades galegas, que se desenvolverá os días 27 e 28 de maio no histórico palacio do Centro Galego da Habana.

Aló foi onde se interpretou por vez primeira o himno galego e onde fai apenas unhas semanas o presidente dos Estados Unidos de América, Barack Obama, pronunciou un discurso histórico para o devir da illa, onde viven 40.000 galegos.

Con todo, a viaxe chega en plena precampaña electoral para os comicios xerais. A perda de apoios entre a emigración tras a instauración do voto rogado é un dos desafios para os conservadores tanto neses comicios como nas galegas do outono.

Cuba tamén ofrece novas oportunidades de negocio debido a mellora das relacións cos Estados Unidos. No eido económico  a misión da Xunta reunirase co vicepresidente do Consello de Ministros e cos responsables de Comercio Exterior, Relacións Exteriores e Cultura; e participará, ademais, no Foro económico Cuba-Galicia

 

Temas: FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 feijoomuerete

que va a buscar un novio cubano

1 Aburiño

pois igual si. Disque a Chini lle marchou coas alpargatas e todo de Montepío, e igual ten faltiña de un cubanito... Despois aquí chamaralles "comunistas radicales" aos das Mareas e alí en Cuba vestira de camisa branca e faralle a reverencia a Estatua do Che... En fin, se gaña outra vez este tipo, Galicia non vai ter amaño nunca.