O alcalde de Vigo chámalle “calamidade” aos edís da Coruña e Santiago

Se José Luís Méndez Romeu gaña as primarias do PSdeG este sábado, calquera acordo coas mareas para a Xunta será complicado en extremo. Un dos principais apoios políticos do candidato coruñés lanzou hoxe un durísimo ataque contra os alcaldes de Compostela e A Coruña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/05/2016 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

Abel Caballero cualificou en repetidas ocasións como “moi malos” a Martiño Noriega e Xulio Ferreiro. O alcalde de Vigo chegounos a cualificar de “calamidade” e mesmo dixo que se alegran cando o edil olívico se dedica a criticalos.  

Caamaño e Méndez Romeu
Caamaño e Méndez Romeu | Fonte: E.P.

O líder socialista vigués argumentou que en Galicia hai poucos consensos pero un deles, asegura, é que os alcaldes das mareas son pésimos.

Non é a primeira vez que Caballero arremete contra os edís das confluencias dos que aseguran viven illados da realidade. O significativo é que hoxe fíxoo a poucos días das primarias nun claro mensaxe para demostrar que o seu bando non está disposto a pactar cos alcaldes das coalicións. Fíxoo, ademais, nun acto electoral de apoio a José Luís Méndez Romeu.

O líder vigués tamén aplaudiu a Francisco Caamaño. O ex-ministro de Xustiza sumouse hoxe publicamente ao bando de Méndez Romeu. O político asegura que os dous candidatos nas primarias son válidos, pero argumenta que os apoios de Xaquín Fernández Leiceaga son os que levaron ao PSdeG a ser incapaz, di, de incorporar novas persoas e marxinar outras coma el.

"A maioría dos apoios do candidato Leiceaga responden a un conxunto de persoas que levaron ao Partido Socialista á situación na que se atopa, un conxunto de persoas incapaces de facer un proxecto creativo, ilusionante para esta sociedade e, sobre todo, de engadir persoas ao proxecto, máis ben foron quen de excluilas, e algún exemplo directo agora mesmo se pode ver de quen está a falar", declarou Caamaño.

 

Unha visión que contrapuxo "cun sector amplo" que representa a candidatura de Méndez Romeu, que "é onde está a xente con experiencia institucional, exministros, o grupo parlamentario, alcaldes". Por iso, cre que "o que hai que facer é primeiro estar unidos e despois traballar pola sociedade galega".

Caballero gabou a Caamaño e destacou que a súa opinión é moi importante a nivel cualititativo dentro do PSdeG. 

Co acto público esta mañá en Santiago canda o ex-ministro e o principal alcalde socialista de Galicia, Méndez Romeu anótase un claro tanto para as primarias. O seu rival  Xaquín Fernández Leiceaga respondeu argumentando que boa parte dos apoios que ten o portavoz parlamentario son persoas que no seu día apoiaron a Caamaño no seu fracasado intento de liderar o PSdeG na Coruña e en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Nexus 6

No es que él sea santo de mi devoción pero en este caso no ha hecho más que llamar a las cosas por su nombre.

2 Bufffff

E logo non son unha calamidá? Na Coruña adícanse ás misas nacionalistas, e comunistas. O perigoso desta xente é que creu chegar á verdade. En base ao anterior, interveñen na vida privada da xente, na capacidade para decidir se vai aos touros, ás casas rexionais, a un concurso de empanadas, poñer camiseta rosa, ou ser elexida meiga. Son moi jroña q jroña, encántalles dirixir, prohibir, impoñer e pechar espacios de liberdade individual. Uns anos mais, todos a estilo cuartel e os da praza de Vigo que os votaron, irán encantados á esclavitude. Eu non.

1 tantarantán

Non interveñen na vida privada da xente. Cada un fai o que quere, faltaría máis. O que fan é non pagar con cartos públicos as actividades privadas dalgúns. Especialmente aquelas que son contrarias aos valores nos que se fundamenta unha democracia avanzada: o maltrato animal, a confesionalidade, o sexismo....O tema dos da praza de Vigo, directamente non o entendo. O Ensanche e só un barrio máis da Coruña, céntrico, iso si. O que non vexo eu que dano especial lle fixo o actual goberno municipal.

2 Bufffff

O sectarismo pretende q todos sexan como o sectario, e en caso de non logralo, faille a vida imposible ao diferente. Ti e os pijiños de posición acomodada que viven na praza de Vigo deixarédevos arrastrar á escravitude porque vos poñen lubricante. Eu non.

1 Gamela

Abel Caballero, o alcalde que recurriu ao Supremo a sentenza favorable ao derribo da Cruz dos Caídos no Castro de Vigo, supoño que estará encantado con un ex-ministro de xustiza que deu por bo a declaración do Estado de Alarma cando a crise dos controladores (na que Pepiño Blanco Ministro de Fomento quería abrir o melón da Privatización de AENA!) // Un alcalde AUTÓCRATA dándolle sebo a un ministro que suspende garantías constitucionais para malvender AENA aos amigos de Pepe Blanco e ZP ??? Estes se os deixan VENDEN GALIZA por catro pesos nun finde cando regrese Pepe Blanco e siga afororado para non dar conta das 81 mortes de Angrois !!!

1 Gamela

A verdadeira calamidade é padecer a este Caín da políitica local que en 12 anos non é quen de arranxar siquera AS DESFEITAS DE VIGO https://www.flickr.com/groups/vigod...

2 Gamela

Marea de Vigo segue facilitándolle a vida a Abel Caballero... Mesmo realizando as súas asembleas nun treatro privado da cidade... cando o propio sería empregar o Auditorio do Concello para convocar á cidadanía sen "esconder a oposición" (ou é que teñen medo a cabrear ao déspota local?) http://www.noticiasvigo.es/marea-vi...