Temas: ELECCIóNS XUNTA

A Xunta defende as novas inversións en tempos electorais polo “sentidiño” na xestión dos fondos

“Non me importan se as críticas se refiren ao superávit das contas da Xunta e non a que non teñamos cartos e andemos tapando buracos”, asegura Alfonso Rueda.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/05/2016 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A Xunta non para de anunciar novas inversións en período preelectoral. Terceiro consello da Xunta e, terceiro anuncio sobre novas inversións. Desta volta, 27 millóns para incentivar o mundo rural, os emprendedores e as pemes. Uns anuncios que a oposición xa cualificou de electoralistas e que defende o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apelando ao “sentidiño” do seu goberno na execución orzamentaria.

Alfonso Rueda nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Alfonso Rueda nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: xunta.es

“Non me importan se críticas se refiren ao superávit das contas da Xunta e non a que non teñamos cartos e andemos tapando buracos”, dixo Rueda, que este xoves exerceu de presidente en funcións tras a visita de Núñez Feijóo a Cuba, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Era a resposta da Xunta ás críticas de destacados dirixentes políticos do PSdeG, as mareas ou o BNG, entre eles, os alcaldes de Vigo, Abel Caballero, ou a de Lugo, Lara Méndez, quen nunha entrevista a este medio acusaba a Feijóo de “andar vendendo fume”.  Por iso, Rueda quixo quitarlle ferro a estas declaracións da oposición e insistiu que “non lle importa” se as críticas son “polo diñeiro que a Xunta conseguiu aforrar” para “agora investir nas necesidades da xente”.

“É lóxico que fagan eses comentarios. Senón tiveramos este superávit farían críticas igual”, ironizou Rueda ao suliñar que eses máis de 60 millóns de euros servirán para necesidades “básicas” dos galegos. “Ter sentidiño na xestión dos fondos ao final dá os seus froitos”, puntualizou.

A Xunta leva vendendo investimentos desde hai máis de tres semanas a conta deses 60 millóns. Uns investimentos que chegan en ano dobremente electoral; por unha banda coas xerais do 26 de xuño e, pola outra, cos comicios autonómicos de outono. De feito, o xefe do executivo galego xa dixo que parte dos proxectos deste novo paquete de medidas urxentes estarán rematados antes de que remate este ano.

Temas: ELECCIóNS XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Hermerico

Isso que é, que a Junta defende os "invertidos"? Los gayes ?

3 Gamela

En tempos electorais o "sentidiño" consiste en vixiar o VOTO ROUBADO ! http://cabozo.com/taboext.php?grupo...

2 Sesese

E veña cartos para os empresarios, e os obreiros que traballan polo caldo

1 Hermerico

La junta defiende las inversiones, me parece bién