Temas: FEIJóO CUBA

Feijóo viaxa a Cuba polas “oportunidades” que ofrece a illa

Alfonso Rueda defende a visita do presidente galego ao país caribeño polo seu obxectivo comercial e pola celebración do plenario de comunidades galegas e di que non ten nada que ver coas “parafernalias” que o BNG organizou na Habana durante o bipartito.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/05/2016 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Xunta quere desligar, novamente, a viaxe que o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, realiza a Cuba coa situación preelectoral na que se atopa o país, con eleccións xerais o 26 de xuño e autonómicas en outubro. Unha viaxe, a segunda de Feijóo a esta illa, que o Goberno galego insiste que non ten motivacións políticas.

Alberto Núñez Feijóo nunha xuntanza con Raúl Castro na súa anterior visita a esta illa
Alberto Núñez Feijóo nunha xuntanza con Raúl Castro na súa anterior visita a esta illa | Fonte: Xunta

Así, segundo suliñou este xoves o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o máximo mandatario galego acudiu a Cuba polas grandes “oportunidades” comerciais que se abriron na illa logo do fin do bloqueo imposto por EE.UU.

Tamén destacou que Feijóo foi alá para asistir á celebración do undécimo plenario do Consello das Comunidades galegas, que se desenvolverá os días 27 e 28 de maio no histórico palacio do Centro Galego da Habana e no que estarán multitude de representantes de entidades galegas na emigración. Un encontro que se produce nun momento político sensible pola convocatoria de dúas eleccións e pola perda de apoios entre a emigración do PP tras a instauración do voto rogado.

Precisamente, este xoves o BNG denunciaba que esta visita era electoralista. Uns argumentos que criticou Rueda que dixo que os nacionalistas terán a súa disposición “todos os gastos” desta viaxe, que, dixo, “non teñen nada que ver coas parafernalias” que os nacionalistas organizaron durante o bipartito, en alusión á famosa feira do libro da Habana. “E logo que comparen como se facía antes e agora”, ironizou.

Temas: FEIJóO CUBA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

Joderquetropa. Siria, Cuba, Venezuela.... a ver si algún dia os nosos políticos teñen tempo, e ganas, de adicarse ós problemas dos cidadans españoles e galegos, en vez de facer tanto turismo pa non ver a realidade da miseria, o paro e a corrupción que deixan no seu pais.